Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense encara o despoboamento no rural con tecnoloxías vangardistas de teleasistencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense encara o despoboamento no rural con tecnoloxías vangardistas de teleasistencia

Redacción
Publicado: 27/11/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

teleasistencia_ourense_deputacion_ld_e_mb_nov19.jpgA Deputación de Ourense quere mellorar con avances tecnolóxicos a cobertura que lle achega á veciñanza dos concellos, poñendo o foco naqueles de “máxima prioridade demográfica”. Nesta liña sitúase o novo programa de teleasistencia para a provincia que presentou a Deputación a pasada semana, a través do cal habilitaranse ferramentas dixitais avanzadas nos concellos máis illados e máis despoboados. En temos máis concretos, aplicaranse tecnoloxías de xeolocalización e de monitoraxe de riscos para a detección automática de potenciais situacións de perigo que puideran ter os beneficiarios.
O obxectivo, segundo afirmou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, é “poñer a disposición dos usuarios da nosa provincia uns recursos novos que permitan mellorar o servizo de teleasistencia, prestando unha atención integral e personalizada”.
Esta iniciativa, que coordina a deputada provincial de Reto Demográfico, Igualdade, Benestar e Emprego, Luz Doporto, xa se está a implantar en diferentes municipios e suporá, nas súas palabras, “importantes melloras para os usuarios do servizo provincial de teleasistencia”. Segundo engadiu, incluiranse no programa apoios tecnolóxicos complementarios dentro e fóra do domicilio, o que permitirá “a detección automática de potenciais situacións de risco, grazas á interconexión dos servizos de información e dos profesionais de referencia do sistema sociosanitario”.
Baltar e Doporto explicaron que ao abeiro desta iniciativa, “os domicilios das persoas en seguimento serán o centro de atención”, e as novas tecnoloxías aplicadas, supervisadas por profesionais, “actuarán como instrumento para favorecer a permanencia da persoa no seu entorno sociocomunitario de maneira activa, conectada e informada, sendo unha das características principais deste sistema a atención individualizada dos usuarios”.
Boa parte das persoas beneficiadas pola nova nova teleasistencia contarán cun servizo móbil de xeolocalización, que permite a atención de situacións críticas en calquera lugar fóra dos seus domicilios, localizando a posición xeográfica da persoa. A incorporación deste cambio significa que a atención (que se limitaba ao tempo que a veciña ou veciño ficaba na súa vivenda) pasa agora a abranguer a totalidade do día, con independencia do espazo físico no que se atope a persoa. Asemade, para aqueles perfís de usuarios nos que sexa aconsellable, “instalaranse detectores de situacións de risco mediante dispositivos que sinalizan e informan de maneira inmediata e automática tanto no domicilio como na central de alarmas sobre fugas de gas, incendios, escapes de auga ou caídas”, informaron Baltar e Doporto, engadindo que tamén se habilitarán “detectores de cambios nos patróns normais de actividade, empregando detectores de movemento instalados estratexicamente nos domicilios, así como dispositivos portátiles en forma de pulseira e sistemas de detección de apertura e peche de portas (frigoríficos, porta de entrada e saída do domicilio…)”.
As persoas usuarias ás que se lles vai ofertar a posibilidade de transformar o actual servizo de teleasistencia serán aquelas que residen en municipios da provincia de prioridade demográfica de grao III, en virtude da cualificación que nos programas da Área de Benestar da Deputación de Ourense teñen as entidades locais da provincia. Teñen esta cualificación os municipios de: Beade, Os Blancos, Boborás, Calvos de Randín, Chandrexa de Queixa, Gomesende, Larouco, Manzaneda, Montederramo, Porqueira, San Xoán de Río, A Teixeira e Vilariño de Conso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?