Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo reivindícase no foro sobre solucións intelixentes para o rural organizado por El Progreso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo reivindícase no foro sobre solucións intelixentes para o rural organizado por El Progreso

Redacción
Publicado: 27/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_solucions_intelixentes_para_o_rural.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, a alcaldesa Lara Méndez e o conselleiro de Medio Rural, José González, participaron este mércores na clausura da xornada Solucións Intelixentes contra o Despoboamento, un foro moderado polo xornalista Manuel Campo Vidal que impulsou El Progreso coa empresa Next Educación no Círculo das Artes de Lugo.
Ao longo do encontro expuxéronse diversos casos de éxito e diferentes proxectos: por exemplo os da compañía de telecomunicacións Eurona Telecom, que aposta de cheo por dixitalizar o rural para impulsalo e devolverlle a vida; ou o do Concello de Marina de Cudeyo, en Cantabria, onde se afianza (en colaboración coa firma Zwit Project) a tele-xestión de servizos municipais a través de Wi-Fi, un proceso que comezou co alumeado público e estenderase aos contadores de auga e aos servizos de atención aos maiores (videoasistencia).
Na cita, como dixemos, participou José Tomé, quen reivindicou o papel das Deputacións “como ferramentas útiles para axudar a frear a perda de poboación, facendo un esforzo a prol do desenvolvemento e modernización dos concellos, especialmente dos máis peq”.
Durante o acto, o titular do goberno provincial enxalzou instrumentos de cooperación cos concellos como o Plan Único da Deputación de Lugo, que, segundo lembrou, “distribúe máis de 20 millóns de euros entre os 67 municipios lucenses con criterios públicos e obxectivos para implantar e mellorar servizos e infraestruturas municipais”.
Ademais, instou a outras administracións a ter “un maior grao de colaboración cos municipios” á hora de acometer “obras e infraestruturas que deberían ter sido feitas hai anos, como saneamento, accesos e transporte público, sanidade, atención a domicilio ou residencias da terceira idade”. Tamén asegurou que “a mellor política demográfica consiste na creación e mantemento dun emprego de calidade, sustentado nun sistema educativo que combine a formación profesional e universitaria, e na prestación de servizos á cidadanía”.
A xornada Solucións Intelixentes contra o Despoboamento reuniu a expertos, profesionais e emprendedores, que abordaron a problemática da sangría demográfica a través de diferentes casos concretos e avanzaron algunhas propostas de posibles solucións, boa parte delas pola vía TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?