Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG renova a súa directiva cun equipo de continuidade liderado por Fernando Suárez e Susana Ladra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG renova a súa directiva cun equipo de continuidade liderado por Fernando Suárez e Susana Ladra

Redacción
Publicado: 27/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nova_xunta_de_goberno_do_cpeig-2.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de renovar a súa xunta de goberno logo dun proceso electoral no que non se celebraron votacións ao contar cunha soa candidatura, que finalmente proclamouse electa o pasado sábado 23 de novembro. O obxectivo do novo equipo, comandado por Fernando Suárez (presidente) e Susana Ladra (vicepresidenta) é seguir traballando pola regulación profesional; avanzar na colaboración coas administracións, universidades e empresas; e fomentar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade, poñendo o foco na necesidade de incrementar o número de rapazas nos estudos de informática.
A nova directiva quedaría deste xeito:
-Fernando Suárez, presidente
-Susana Ladra, vicepresidenta
-Juan José González, secretario
-Roberto Vieito, vicesecretario
-Francisco Javier Rodríguez, tesoureiro
-Lorena Otero, vicetesoureira
-Pilar López Avendaño, vogal
-José Manuel Vázquez, vogal
-Iván Luis Vázquez, vogal
Os obxectivos, polo miúdo
Segundo fixeron saber nun plano máis concreto, “o noso obxectivo principal para os vindeiros catro anos será continuar traballando na regulación profesional, dado o crecente impacto da actividade da Enxeñaría en Informática na sociedade actual, facendo especial fincapé nas áreas nas que a seguridade física e xurídica das persoas está en xogo”.
Ademais, engaden, a devandita liña estratéxica compleméntase cos seguintes desafíos: “Seguir traballando coas administracións públicas para a modernización da xestión administrativa, como acontece coa organización anual do Curso Superior de Administración Electrónica coa AMTEGA e a EGAP; soster a colaboración co sector privado para o progreso e dixitalización de produtos e procesos; incentivar a colaboración coas universidades na adaptación e actualización dos plans de estudo, segundo a demanda actual do mercado laboral en materia das TIC; fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, en especial entre as rapazas, organizando obradoiros formativos como os que forman parte do programa TechKids posto en marcha coa AMTEGA, ou as diversas xornadas que se programan con motivo do Día das Rapazas nas TIC; manter o colexio como fonte informativa para as noticias tecnolóxicas nos medios de comunicación e mellorar a presenza e utilización da lingua galega no uso de Internet e redes sociais”.
Ademais, na xornada do sábado celebrouse a despedida dos dous compañeiros saíntes da anterior directiva, Juan Otero que desempeñou o cargo de vicepresidente, e Javier García Tobío que exerceu estes últimos anos como vogal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?