Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ciberserguridade galega loce casos de éxito en Madrid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ciberserguridade galega loce casos de éxito en Madrid

Redacción
Publicado: 28/11/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

tech4secur3.jpgO pasado xoves 21 de novembro celebrouse en Madrid o evento Tech4Secur, o Congreso Internacional de Tecnoloxías para a Seguridade e as Emerxencias, impulsado pola consultora galega Ferreira Dapía Technology Consultant, con sede principal na Coruña. A cita contou cun centenar de asistentes, entre eles, corpos de seguridade do Estado, empresas de seguridade, profesionais das emerxencias, investigadores e desenvolvedores tecnolóxicos, cargos públicos, etc.
Tratábase da primeira edición dun congreso que acolleu 16 relatorios de alto nivel, 15 empresas participantes como expositoras, 6 empresas colaboradoras (asociacións e medios especializados), e dúas patrocinadoras (a viguesa Radiospectrum e Proyecto Salvavidas). O evento foi unha oportunidade inmellorable para obter información actual e de utilidade sobre as tecnoloxías que serven para coordinar aos equipos de seguridade, previr incidentes en eventos masivos, salvar vidas e garantir a protección pública.
tech4secur-2.jpgEntre os organismos participantes cómpre salientar a presenza do Centro Criptolóxico Nacional (anexionado ao CNI), a Axencia Espacial Europea, a Subdirección Xeral de Sistemas Terrestres do Ministerio de Defensa, a Dirección de Seguridade Cidadá do Concello da Coruña ou Madrid Destino.
Entre as empresas privadas luciron achados e experiencias de éxito as seguintes compañías, moitas delas galegas: Radiospectrum, Proyecto Salvavidas, Genasys, Imatia, Situm, Sistelec, Sygic, Teltronic ou Sateliun.
O congreso foi conducido por Pedro Gómez, produtor e director do programa Protegidos Radio e experto en seguridade pública e privada. Mentres que o encargado de abrir o acto foi Manfredo Monforte Moreno, xeneral de división do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial.
Javier Candau, xefe do Departamento de Ciberseguridade do Centro Criptolóxico Nacional declarou no congreso que “España é o país do mundo que mellor xestiona a ciberseguridade” e salientou a importancia das medidas de prevención: “Gustaríanos ser moito máis proactivos, pero moitas veces actuamos só cando nos chaman porque xorde un problema”.
Raúl Valera Tena, director de Seguridade e Emerxencias de Madrid Destino, centrouse no “desaxuste existente” entre a nova normativa, que regula a seguridade en eventos públicos, e a falta de técnicos especializados nesta materia. “A clave é a formación”, dixo, engadindo que unha das maiores innovacións neste eido é a tecnoloxía SARF porque “permite controlar, intervir e potenciar as comunicacións no que sería un evento como a cabalgata dos Reis Magos en Madrid”.
tech4secur2.jpgAs tecnoloxías de prevención contra abusos sexuais ocuparon tamén un lugar destacado nesta primeira edición do evento. Así, Anna Almécija Casanova, avogada e criminóloga, declarou que para desenvolver tecnoloxías primeiro hai que falar coas vítimas: “Non podo crear unha app para a violencia de xénero se nunca falei cunha vítima de violencia de xénero”.
Houbo tamén lugar para falar da importancia que terá o Sistema Galileo en relación coa comunicación e a seguridade. Para iso, Javier Ventura-Traveset, director da Oficina Científica Galileo, Axencia Espacial Europea, salientou que Galileo xa entrou no mercado e fíxoo pola porta grande: “Agora o 95% dos chips inclúen Galileo, isto é un éxito, con mil millóns de usuarios en só 34 meses”.
Carlos García Touriñán, director de Seguridade e Emerxencias do Concello da Coruña, enxalzou a importancia das tecnoloxías para a seguridade na súa cidade: “Apostamos desde hai anos por incorporar novas ferramentas que nos permiten mellorar a seguridade cidadá, o que nos axudou a reducir e a previr os incidentes en grandes eventos, como aconteceu no dispositivo da noite de San Xoan”.
Entrega de premios
A xornada concluíu coa entrega de premios, en tres categorías respectivamente, a unha empresa privada, a un organismo público e ao mellor proxecto tecnolóxico innovador. Recaeron sobre a empresa Radiospectrum por “ofrecer un dispositivo tecnolóxico con capacidade para cubrir as necesidades do San Xoan na Coruña”; Carlos García Touriñán e o Concello da Coruña, pola “coordinación dos máis de 500 operativos despregados durante esa noite”; e a empresa galega Imatia Innovation, por “crear unha ferramenta que serve para garantir a seguridade no sector marítimo mediante o uso de vehículos aéreos e mariños non tripulados e opcionalmente tripulados”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?