Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta mellorará a cobertura de telefonía móbil en núcleos rurais de ata 118 concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta mellorará a cobertura de telefonía móbil en núcleos rurais de ata 118 concellos

Redacción
Publicado: 28/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20191128_feijoo_02.jpgAlberto Núñez Feijóo informou hoxe na rolda de prensa do Consello da Xunta dunha iniciativa para mellorar a cobertura de telefonía móbil en zonas rurais, cun investimento de ata 5 millóns de euros. Será posible grazas a sinatura dun acordo marco coa Federación Galega de Municipios (FEGAMP), que se materializará nos vindeiros días.
No que respecta aos pasos a seguir por parte dos concellos interesados, o presidente da Xunta explicou que estes deberán presentar, no prazo que se habilitará inmediatamente despois de asinar o dito acordo, un proxecto que inclúa: a posta á disposición dun terreo adecuado segundo os criterios técnicos e comprometerse a abordar a acometida eléctrica, para o que poden solicitar unha axuda máxima de 30.000 euros.
A continuación, dixo, os concellos que cumpran os requisitos integraranse nun proxecto que se desenvolverá a través dunha encomenda ao operador público Retegal para a construción das torres e unha convocatoria pública a operadores en concorrencia competitiva. E, pola súa banda, engadiu, a adxudicación do proxecto está prevista para finais do primeiro semestre de 2020.
20191128_feijoo_01.jpgO presidente da Xunta salientou ademais que en total poderán beneficiarse núcleos de ata 118 concellos do ámbito rural nos que se ten detectado algún problema coa cobertura móbil. A maioría deles, subliñou, teñen menos de 10 habitantes, pero algúns son destinos turísticos ou están situados no Camiño de Santiago.
Nese sentido, Feijóo explicou que, tras solicitar reiteradamente ao Estado a inclusión da cobertura móbil dentro do servizo universal de telecomunicacións, decidiuse optar por esta solución alternativa, semellante a outras que se están a levar a cabo en Italia e que tamén se están a analizar en Alemaña.
Por último, o titular do Goberno galego situou esta iniciativa nun contexto de esforzo por mellorar o acceso a internet e, neste ámbito, destacou que entre 2010 e 2020 a Xunta terá investidos 185 millóns de euros de fondos públicos.
A maiores, concluíu destacando o obxectivo de incrementar a porcentaxe de galegos con acceso a redes ultrarrápidas que permitirán que o 90% dos galegos teñan acceso á Internet de 100 Mbps en 2021.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?