Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este venres temos cita co mellor audiovisual en galego na gala final do III Youtubeir@s
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este venres temos cita co mellor audiovisual en galego na gala final do III Youtubeir@s

Redacción
Publicado: 28/11/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cartel_prensa-01.jpgEste 29 de novembro será unha das noites máis relevantes do ano en materia de audiovisual en galego nas redes. Estamos a falar da celebración da gala final da terceira entrega de Youtubeir@s, que virá acompañada dunha chuvia de premios (aos que aspiran 27 finalistas dos 252 vídeos e canles participantes) ás mellores contribucións a este proceso común de encher as redes sociais, poñendo o foco no YouTube, de contidos na nosa lingua. Patricia de Lorenzo, o DJ Manu TF e a graffiteira Iria Fafián encargaranse de animar o broche de ouro do certame, que se celebra a partir das 20.00 h no Teatro Principal de Santiago.
A actriz Patricia de Lorenzo encargarase de conducir a cerimonia, para a que se transformará en Isaura, a súa coñecida personaxe na peza teatral Fillas Bravas do Grupo Chévere, mentres que Manu TF ocuparase de poñer a música e Iria Fafián elaborará en directo un gran graffiti para celebrar o final desta terceira edición de Youtubeir@s, iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.
Como dixemos, nesta terceira convocatoria rexistráronse un total de 252 inscricións, entre vídeos e canles participantes, o cal se traduce en que en máis de 1.000 minutos creados en galego e incorporados ao de YouTube este último ano. Ademais, constátase un aumento na participación, que pasou das 202 inscricións de 2017, ano en que se celebraron os primeiros premios, ás 252 desta edición, que aspiran a uns galardóns divididos en nove categorías e cunha dotación económica total de 6.500 euros.
Finalistas por categorías
· Categoría de vídeo-facermos:
A palabra máis fermosa do galego (pesadelo antes do 17 de maio) – Aquele
O mellor arroz con leite (de Cunqueiro) – A lobeira today
O radon: malos modais para un gas nobre – Aarón Vilariño
· Categoría de vídeo-opinarmos:
O discurso heteropatriarcal – Olaxonmario
As entrañas do Luar (con Laura Cruxeiras) – Aquel-e
Como se foma un cantil. O exemplo de Santa Mariña de Augas Santas
(Praia das Catedrais) – Xacobo de Toro Cacharrón
· Categoría de vídeo-cantarmos:
O queimaserebros – Blanca e Tinta.
Os novos-Quero Fugir -Aaron Vilariño
Rosalía ft. Rosalía Malaxente (MJ COVER) -MJ Pérez.
· Categoría de canle:
Olaxonmario
Aquel-e
Xacobo de Toro Cacharrón
Categoría de creatividade:
Canle: Cativos na Cociña – Siradella Films
O Xardineiro dos ingleses | Booktriler – Aarón Vilariño.
Como calcular o tamaño da Terra – Aarón Vilariño
Categoría de eficiencia comunicativa:
A nosa historia de superación – Familia Vázquez TV
Halitose ou mal hálito – Clínica Médico Dental Padiñas
Rosalía ft. Rosalía Malaxente (MJ COVER) -MJ Pérez.
Categoría de calidade técnica:
Que nos pille rebolando – Aquel-e
Canle: Cativos na Cociña – Siradella Films
Os novos-Quero Fugir – Aarón Vilariño
Categoría de calidade lingüística:
A morte – Memorias da Pontragha
21 días improvisando – A Rabela
OrientaConsello-14.O posto de ordenanza – Down Galicia
Categoría de proposta youtubeira:
Flow do Toxo -Flow do toxo
A substitución lingüística – Olaxonmario
Cousas que non me gustan de Youtube – A Lobeira Today

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?