Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A confluencia galega entre tecnoloxías e motor conta dende xa cunha nova incubadora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A confluencia galega entre tecnoloxías e motor conta dende xa cunha nova incubadora

Redacción
Publicado: 29/11/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hta.jpgA Xunta e o Consorcio Zona Franca de Vigo veñen de pór en marcha unha nova plataforma de impulso empresarial de alta tecnoloxía. A iniciativa conxunta, que iniciou hoxe a súa andaina (a primeira convocatoria), coñécese como High Tech Auto (HTA) e consiste nunha incubadora para o sector do motor que servirá de complemento ao Business Factory Auto (BFAuto) na creación e impulso de iniciativas innovadoras da confluencia entre novas ferramentas e automoción.
A nova aceleradora apoiará proxectos e validará ideas e tecnoloxías que dean lugar a modelos de negocio innovadores. O obxectivo último da HTA é, en palabras das entidades responsables, “completar o ecosistema de innovación do sector do motor e dos seus compoñentes en Galicia, integrado por emprendedores, empresas, o sistema de coñecemento e I+D+i, as administracións públicas e as entidades financeiras, así como favorecer a transferencia de tecnoloxía do ámbito académico e tecnolóxico ao tecido empresarial e avanzar cara a consolidación da Industria 4.0”.
Este novo foco de emprendemento especializado manterá aberta a súa primeira convocatoria ata o 14 de febreiro de 2020 e integrará entre os seus obxectivos e metodoloxías de traballo procesos que permitan orientar as iniciativas incubadas cara á BFAuto, tamén promovida polo Goberno galego. Ambas as dúas aceleradoras guiaranas de forma conxunta desde a fase semente ata que saian ao mercado e se consoliden.
Cuarta edición da BFAuto
Segundo fai saber a Consellería de Economía, a iniciativa súmase ás aceleradoras sectoriais coas que Galicia conta noutros sectores produtivos, impulsadas tamén polo departamento que dirixe Francisco Conde ao abeiro da Axenda 4.0, como a aeronáutica (BFAero), o agroalimentario (BFFood), a biotecnoloxía (Bioincubatech) ou Agrobiotech (centrada no agroalimentario, a biotecnoloxía e a biomasa). Estas iniciativas intégranse en StartIN Galicia, a plataforma que aglutina aceleradoras e espazos de traballo colaborativo (coworking) cos que se está apoiando o desenvolvemento de 1000 proxectos emprendedores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?