Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar incrementa a a súa valoración e afiánzase como líder en servizo de banda larga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar incrementa a a súa valoración e afiánzase como líder en servizo de banda larga

Redacción
Publicado: 29/11/2019
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

movistar_banda_larga.jpgA Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) vén de achegarnos un novo informe sobre as fortalezas e as eivas das diferentes operadoras móbiles que temos no mercado: unha nova investigación que nos facilita o camiño para facermos a mellor escolla de servizo ou, polo menos, unha escolla ben informada. O estudo, que está completo na Rede para consulta, achega unha serie de grandes conclusións para ser tidas en conta. Por exemplo: que Movistar foi quen de mellorar a súa posición e segue líder no servizo de banda larga ou que MáisMóvil é o único operador que suspende na calidade do servizo.
Tamén se fai saber que R, a operadora de raizame galega, “rexistrou o peor dato en horas de reparación dunha avaría”, malia conseguir o Grupo Euskaltel (do que forma parte R) unha valoración xeral moi alta: do 7,4.
O Estudo sobre Banda Larga Fixa e Móbil, elaborado pola Asociación de Internautas (AI), analiza a calidade da banda larga en España e ofrece “un retrato dos aspectos máis destacados que conforman a valoración dos grupos que operan no mercado español”, segundo os datos oficiais (SEAD e OAUTEL) e máis de catro millóns de medicións de velocidade efectuadas polos panelistas da AI, diferenciando entre redes e tipos de acceso.
Respecto das principais conclusións, a UCGAL lembra que, en contra do que se pode supoñer (en contra desa crenza dalgúns usuarios de todas as operadoras reciben e dan máis ou menos o mesmo), a calidade global mostra unha diferenza de máis de 4 puntos entre o mellor e o peor operador valorado. A máxima puntuación conséguea Movistar (8,05), que mellora nun punto o resultado do estudo do pasado ano (7,01). O peor resultado recólleo o Grupo MásMóvil (3,70). Pola súa banda, o Grupo Euskaltel aproxímase aos 7,4; o Grupo Vodafone roza os 7 e o Grupo Orange os 6 puntos.
ucgal_taboa_operadoras_novembro_2019.jpgPolo que respecta ás reclamacións en comunicacións fixas, presentadas ante a OAUTEL (as incidencias e interrupcións ocupan o 23% e a facturación o 26%) debilitan ao Grupo MásMóvil que neste apartado rexistra 52 reclamacións de media (96 de MásMóvil e máis de oito en Pepemobile). O estudo fai saber que a nivel estatal, “nin o Grupo Orange (case 30) nin o Grupo Vodafone (18) teñen un comportamento óptimo”. As reclamacións sobre os servizos converxentes sinalan a MásMóvil cunha media de 9,53 (MásMóvil 20; Yoigo case 6 e Pepemobile 2,5) e a Vodafone (9,84).
Respecto á reparación de avarías, a nivel estatal, a investigación desvela que Orange emprega case 92 horas, fronte ás 70 de Vodafone e ás 46 de Movistar. Nesta liña, dos operadores do Grupo Euskaltel, que operan en determinados territorios, a galega R emprega 123 horas na solución de fallos. Deste xeito, sinálase, “o seu índice de avarías (4,17%) é 5,6 veces maior que o de Vodafone, un operador estatal”.
Por outra banda, en canto ás avarías reparadas no prazo establecido polos operadores a nivel estatal, Movistar rexistraría o maior índice de incidencias arranxadas (96%), situándose tres puntos por riba do dato de Vodafone e sete do de Orange (MásMóvil non facilita datos). Neste punto, o informe conclúe que os operadores do Grupo Euskaltel oscilan entre o 97% do operador vasco e o 88% de R.
A investigación mostra outro cariz no que se refire ao caudal de descarga en banda larga fixa, “cun grupo Euskaltel e cuns operadores vasco e galego conseguindo un escaso 94% e 90%, respectivamente, fronte ao 95% ou máis dos demais”. Pola contra, no caudal de subida da banda larga fixa, a maior parte de operadores están entre o 95% ou máis de caudal, agás Telecable que non supera o 78%.
En ADSL a descarga oscila entre o 80% de Orange e Movistar e o 77% de Vodafone. Na subida, o caudal vai desde o 84% de Movistar ao 67% de Orange.
Pola súa banda, a frecuencia de reclamacións en banda larga móbil oscila entre o 0,51% de Vodafone e o 3,16% de Orange. O informe tamén reflicte que entre os operadores do Grupo Euskaltel, R rexistra o 1,85% e Euskaltel o 0,82%. En relación ao tempo que tardan en responder ás reclamacións, este tradúcese en 23 días con R e 16 con Euskaltel. A nivel estatal, Movistar e Orange quedan atrás ao anotar 11 días, fronte aos 4,5 días de Vodafone. Na outra cara da moeda, nas reclamacións sobre facturación de prepago, Vodafone alcanza o 2,5%, fronte ao 0,06% de Movistar.
O estudo tamén fai saber que existe un punto crítico en materia de acceso a Internet e caudal de descarga da banda larga móbil: a máis velocidade ofertada, menos caudal. “A modo de exemplo, Movistar consegue un 75% de descarga nas ofertas de 21 Mbps e Orange o 44% nas de 42 Mbps”, explica a UCGAL, engadindo que “no tocante ao caudal de subida da banda larga móbil, ocorre algo semellante”. Así, Yoigo rexistra un caudal do 54% na súa velocidade de 37,5 Mbps, e Orange e Movistar o 39% de 50 Mbps.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?