Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster da Comunicación Gráfica premia ao proxecto #Instagal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster da Comunicación Gráfica premia ao proxecto #Instagal

Redacción
Publicado: 29/11/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

albarecollepremio.jpgNos IV Premios Paraugas de Comunicación e Márketing de Galicia, na categoría de Mellor proxecto social media o xurado tivo a ben seleccionar como iniciativa gañadora a #Instagal, a proposta dos medios públicos galegos, coa que busca retratar a diversidade lingüística de Galicia a través das redes sociais. Estes galardóns foron creados polo Clúster da Comunicación Gráfica para distinguir as mellores campañas, estratexias de creatividade, deseño e artes gráficas e editorial, e accións de mercadotecnia e comunicación de Galicia.
Rosa Vilas, adxunta ao director xeral da CRTVG, e Alba Mancebo, xefa de Extensión Audiovisual da TVG, recolleron este Premio Paraugas no transcurso dunha gala celebrada en Ourense. Na mesma categoría, a CRTVG competía coa Axencia Nasas, coa campaña Edición Memes para Cabreiroá, e coa axencia by Sidecar, con Influencers naturais para Central Lechera Asturiana.
#Instagal, creado en 2019, é unha aposta polo lecer e a divulgación a través da creación de contidos dixitais propios nunha plataforma cos que os medios públicos galegos poñen en valor e descobren palabras galegas en uso. Cada semana proponse unha palabra nas historias de Instagram da Televisión de Galicia para que os usuarios acheguen sinónimos que se empregan na súa zona. Desta forma, dáse a coñecer o uso dese termo nas distintas variedades dialectais da comunidade. Tras a recollida das participacións por parte dos usuarios e a análise desde o servizo de Asesoramento Lingüístico da CRTVG, publícase un vídeo tanto en Instagram como en YouTube en que se comenta a participación, a procedencia e o significado que se lle dá á palabra por toda Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?