Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rede galega de Espazos Maker recibe dez novos centros docentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rede galega de Espazos Maker recibe dez novos centros docentes

Redacción
Publicado: 02/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maker.jpgO programa galego Espazos Maker, materializado o ano pasado para fomentar as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre o alumnado, estende este novo curso a dez novos centros, que se engaden aos cen adheridos por estas mesmas da. En total, xa hai 20 centros docentes da nosa terra servindo de laboratorios de experimentación onde a tecnoloxía non só pode crearse, senón que tamén se comparte. Detrás deste programa atópase a Consellería de Educación.
Todos os centros reciben unha dotación económica e material tecnolóxico específico para levar a cabo investigacións, realizar experimentos ou desenvolver prototipados.
Estas son as unidades que estrean con este curso os Espazos Maker: IES Agra de Raíces (Cee), IES Plurilingüe Elviña (A Coruña), CPI Plurilingüe Cabo da Area (Laxe), IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago), IES Eduardo Pondal de Ponteceso, IES Plurilingüe A Cachada (Boiro), IES Rego de Trabe (Culleredo), IES Monte Castelo (Burela), IES Universidade Laboral (Ourense) e IES do Castro (Vigo).
Polo que respecto aos centros integrados no curso anterior, son os que citamos de seguido: IES Sofía Casanova (Ferrol), CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela), IES Monte das Moas (A Coruña), IES Isaac Díaz Pardo (Sada), IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela), IES de Porto do Son (Porto do Son); IES A Xunqueira II (Pontevedra), IES República Oriental do Uruguai (Vigo) e IES Primeiro de Marzo (Baiona).
Cada un destes centros recibe unha achega de 2.000 euros por parte da Consellería para poñer en marcha o seu Espazo Maker, así como unha dotación de material específico que inclúe un equipo de procesado audiovisual (con estación de procesado, pantalla grande e dúas tabletas), equipamento audiovisual (cámara dixital de foto e vídeo con obxectivos intercambiables e trípode, trípode de alta estabilidade, gravador de audio, cascos auriculares, sistema de gravación completo, equipo multifunción color tamaño A3 e escáner 3D), e mobiliario metálico (composto por carro para desprazar pequeno equipamento e banco de traballo ou superficie fixa de traballo para maquinaria).
A dotación complétase con pequena maquinaria e ferramenta como trade eléctrico de gran potencia, trade de batería, mini trade de bricolaxe, lixadora delta e set completo de lixas de diferente grao e para materiais distintos, caladora con set completo de follas de corte, sistemas de aspiración de seco e húmido semiprofesional, cortadora-fresadora CNC, conxunto de ferramenta manual, soldador de estaño, conxunto de coitelos de precisión pistolas de pegamento termofusible e de aire e máquina de coser.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?