Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Club da Ciencia xa está integrado por 119 centros docentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Club da Ciencia xa está integrado por 119 centros docentes

Redacción
Publicado: 02/12/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

club_da_ciencia_iesluisseoanepontevedra4.jpgO Club da Ciencia, un dos piares da divulgación STEM da Consellería de Educación, suma e segue. Hoxe o departamento que dirixe Carmen Pomar deu a coñecer que a cifra total de centros públicos de toda a nosa xeografía adheridos á dita comunidade é de 119, logo das 30 recentes incorporacións neste curso 2019-2020. Estes e outros datos foron dados a coñecer pola conselleira durante unha visita ao IES Luís Seoane de Pontevedra, que é un dos que se estrea neste programa. O obxectivo do Club da Ciencia é facer que voe o espírito científico e o talento que toda a nosa comunidade de estudantes atesoura. Ponse o foco, novamente, nas siglas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).
Por provincias, os Club de Ciencia desenvólvese xa en 55 centros da Coruña (12 de nova incorporación), 13 de Lugo (3 acabados de incorporar), outros 13 de Ourense (4 adheridos este curso) e 38 de Pontevedra (11 de nova incorporación), tal como queda recollido na resolución definitiva que pode consultarse no Portal educativo.
Os clubs, para os cales a Consellería destina 1.250 euros para cada centro, nacen como “un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas”.
Este é o cuarto ano consecutivo no que se pon en marcha esta iniciativa, que arrancou como experiencia piloto no curso 2016/17 con 9 centros, un número que se foi incrementando desde entón.
O proxecto desenvólvese fóra do horario lectivo e nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?