Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo impulsará a transformación tecnolóxica do turismo provincial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo impulsará a transformación tecnolóxica do turismo provincial

Redacción
Publicado: 05/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecnoloxias_turismo_computador.jpg
O pleno da Corporación da Deputación de Lugo aprobou este xoves os seus Orzamentos para 2020, que teñen unha contía de 92 millos de euros e que son, en palabras do Goberno que preside José Tomé, “un exemplo de boa política demográfica, con servizos para a cidadanía e con medidas para favorecer o emprego sustentable”. Asemade, son uns presupostos con importantes partidas para os ámbitos tecnolóxicos da provincia. Por exemplo os 1,5 millóns de euros que se destinan ao Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais (a antiga Fundación TIC), o único que ofrece a titulación devandita no ámbito lucense. Tamén haberá contías relevantes para impulsar a cooperación cos Concellos (poñendo o foco na eAdministración) e a modernización de sectores básicos para economía da provincia: o agrogandeiro e o turístico.

Sesión do pleno da Deputación na que foron aprobados os Orzamentos para 2020
Sesión do pleno da Deputación na que foron aprobados os Orzamentos para 2020
Polo que se refire á cooperación cos Concellos, as accións desenvolveranse principalmente a través do Plan Único, un dos instrumentos básicos de traballo conxunto cos 67 municipios da provincia, que contará cunha dotación de algo máis de 20M€, entre os recursos previstos nos propios orzamentos (de 11,2M€) e a previsión de incorporación de remanentes. Porase o foco en mellorar os servizos e infraestruturas públicas; o Servizo de Axuda no Fogar; a creación de emprego; as actividades turísticas, culturais e deportivas; a Administración Electrónica e outros servizos como Protección Civil.
Respecto dos sectores produtivos, os presupostos impulsarán sobre todo o sector primario e o turístico. Neste último eido, contémplanse 2,4M€ para incorporar as tecnoloxías ao sector e atraer a máis visitantes; manter as rutas fluviais en catamarán e a promoción da provincia en encontros de proxección nacional e internacional; dar un novo impulso á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade; aproveitar o potencial que representa o turismo vinculado ao Camiño de Santiago sobre todo de cara ao Xacobeo 2021, e integrar á provincia na Rede Europea de Itinerarios Culturais para fomentar o turismo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?