Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno galego investirá 16 millóns na creación de centros maker para as empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno galego investirá 16 millóns na creación de centros maker para as empresas

Redacción
Publicado: 05/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maker_space.jpgPara quen aínda non escoitara falar do concepto maker, en inglés (ou argalleiro, en galego), dicirlle que se trata de recuperar para a tecnoloxía a ancestral práctica de arrimar o ombreiro cun obxectivo determinado: o traballo colectivo, participativo e alentador das capacidades de cada quen. Tendo en conta as súas vantaxes, trátase de metodoloxías en clara proxección, e na nosa terra tamén. O Goberno galego, sen ir máis lonxe, anunciou hoxe que vai investir 16 millóns de euros ata 2022 para crear centros de fabricación avanzada de uso aberto e compartido para “mellorar a competitividade” das empresas galegas. Ou sexa, centros maker para facer voar os nosos proxectos innovadores.
Este dato foi dado a coñecer hoxe polo responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que explicou que o obxectivo da dita liña de axudas é “impulsar a modernización do tecido empresarial, avanzar na implantación da Industria 4.0 e ir cumprindo taxativamente a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3)”. Segundo engadiu, esta nova medida promove que a iniciativa privada poña a disposición das empresas espazos para a prestación de servizos que non serían rendibles sen a colaboración. En concreto, poderanse xerar espazos como centros de ensamblaxe, loxística e recursos tecnolóxicos; espazos maker de fabricación compartida ou o acondicionamento especializado de solo.
Feijóo engadiu que as axudas poderán cubrir ata o 80% do investimento de cada unha das iniciativas cun límite máximo de axuda por proxecto de 10 millóns de euros e un límite máximo de investimento subvencionable por proxecto de 20 millóns de euros. Tamén fixo saber que as novas infraestruturas poñeranse a disposición dos usuarios interesados “de forma aberta”, cun prezo de uso ou venda equivalente ao do mercado e “cunha estrutura de servizos que terán unha tarificación ou outra en función do uso ou consumo que se realice”.
Para o deseño desta iniciativa activouse unha consulta previa entre o tecido produtivo galego para coñecer a demanda existente deste tipo de espazos industriais, presentándose un total de 26 posibles consorcios. Darase prioridade á inclusión destes centros nos Hubs de Innovación Dixital, apoiados polo Goberno galego tras un proceso no que participaron máis de 240 axentes. Trátase das iniciativas Fábrica de futuro (liderada polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) e centrada na Internet das Cousas e a Intelixencia Artificial) e Datalife (impulsado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, Bioga, e que pon o foco no manexo do Big Data).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?