Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pulo definitivo aos novos hubs tecnolóxicos liderados por Ceaga e Bioga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pulo definitivo aos novos hubs tecnolóxicos liderados por Ceaga e Bioga

Redacción
Publicado: 09/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hubs_ceaga_bioga.jpgA Consellería de Economía asinou hoxe con Ceaga (Clúster de Empresas de Automoción de Galicia) e Bioga (Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida) dous acordos para a posta en marcha doutros tantos hubs de innovación dixital liderados polas dúas devanditas plataformas empresariais. Dotado cada un dos convenios con 200.000 euros, permitirán, en palabras de Francisco Conde, conselleiro de Economía, apoiar o funcionamento destas iniciativas estratéxicas lideradas pola industria para achegar ás pequenas e medianas empresas galegas as tecnoloxías asociadas á fábrica do futuro e a transformación dixital.
Trátase das iniciativas Factories of the future (Fábricas do futuro), liderada por CEAGA e centrada na Internet das Cousas e a Intelixencia Artificial; e Datalife, liderada por Bioga, e que pon o foco no manexo de grandes cantidades de información (Big Data).
Ademais do asesoramento preciso para a súa axeitada articulación, prevese destinar aos hubs e aos seus usuarios 30 millóns de euros de apoios públicos.
Tal e como sinalou o conselleiro na sinatura dos acordos, a firma destes dous convenios “permite construír desde xa o futuro industrial de Galicia ofrecendo ferramentas e formación para entender o novo contexto de transformación dixital”. E engadiu: “Os hubs deben servir para espallar a cultura da I+D+i nas nosas empresas, particularmente nas PEME”, asegurou.
O proxecto das fábricas do futuro impulsado por Ceaga beneficiará a sectores como o motor, o agroalimentario, o naval, o forestal e o téxtil; mentres que Datalife, impulsado por Bioga, prevé ofrecer servizos ás cadeas de valor da biotecnoloxía, a saúde, o forestal, o agroalimentario e o ámbito mar-industria.
Estas iniciativas contan coa participación doutros clústeres, centros tecnolóxicos, grandes empresas tractoras e compañías tecnolóxicas, ademais das universidades. No caso do primeiro participan clústeres como ACLUNAGA, CLUSAGA e o Clúster TIC; empresas tractoras como Nova Pescanova, CLUN, Textil Lonia, Freire, PSA, GKN, ENCE, CUPA ou Navantia; compañías do eido tecnolóxico como Televés e R; así como os centros Aimen, ANFACO-CECOPESCA, CESGA, CTAG, CETIM, Gradiant e ITG; ademais das tres universidades galegas e de FEUGA.
No hub liderado por Bioga, entre os participantes repiten CLUN, Nova Pescanova, Televés, CLUSAGA, o Clúster TIC, CESGA, Gradiant, ANFACO-CECOPESCA e a Universidade de Santiago. A maiores, colaboran outras empresas (como Mestrelab, CZ Veterinaria, FINSA e Vodafone España) e clústeres (como o da Saúde e o da Madeira), así como a Fundación Kaertor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?