Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As JAI 2020 contarán coa participación de máis de 30 multinacionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As JAI 2020 contarán coa participación de máis de 30 multinacionais

Redacción
Publicado: 11/12/2019
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

psx_20191211_180633.jpgA próxima edición das Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial (JAI 2020) romperá os seus propios récords, pois tan só un par de semanas despois de abrirse o prazo de inscrición xa confirmaron a súa asistencia a este evento máis de 30 grandes multinacionais. A cita será na sede campus da Escola de Enxeñería Industrial do 19 ao 23 de outubro de 2020, un centro que durante unha semana se converterá nun auténtico escaparate da denominada Industria 4.0. “Fixemos o chamamento ás empresas hai apenas unhas semanas e a resposta foi brutal. En só 15 días copáronse todas as prazas”, explica o coordinador das xornadas, José Ignacio Armesto, profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática, que achaca esta boa acollida do evento entre as empresas ao éxito da última edición, celebrada en marzo de 2018, e ao gran traballo de difusión que se fixo dende entón.
Entre a trintena de multinacionais que xa confirmaron a súa participación hai que incluír tanto novas incorporacións -Bonfiglioli, Ifm, Lapp, Panasonic, Pepperl+Fuchs, Schunk, Weidmüller ou Yaskawa, entre outras- como firmas que son xa veteranas no evento como Rockwell Automation, Scheneider Electric, Siemens ou Phoenix Contact. O amplo número de solicitudes recibidas en tan pouco tempo obrigou á organización a abrir unha lista de agarda de firmas ás que tamén lles gustaría participar. “Outros anos quedaron ocos libres e isto permitiu a participación nas xornadas de empresas e centros tecnolóxicos galegos, pero nesta ocasión as multinacionais ocuparon xa todas as prazas dispoñibles”, recalcou Armesto.

Contidos
  • En 2018 o evento reuniu máis de 700 persoas
  • Escaparate das últimas novidades do sector e porta aberta a reunións privadas
  • De pequenas conferencias a unha ‘microfeira’

En 2018 o evento reuniu máis de 700 persoas

Á vista de toda a expectación que se está a crear arredor destas xornadas, as expectativas de público son tamén cada vez máis elevadas. Se na anterior edición foron arredor de 700 persoas as que acudiron ás distintas conferencias e en torno a 2000 as alumnas e alumnos que se achegaron aos postos empresariais que se organizan ao abeiro deste encontro “este ano agardamos que os números medren porque vai haber máis ruído, máis impacto”.
O programa das xornadas está centrado en diferentes cuestións relacionados coa Industria 4.0, e inclúe temas de robótica, automatización, internet das cousas, comunicación industrial, protocolos de comunicación, seguridade, eficiencia enerxética… xa que todas as empresas que participan están “desenvolvendo traballos no ámbito da automatización e a robótica industrial”, salienta o coordinador. Porén, aínda que a reserva de horas está xa pechada, aínda non se sabe con exactitude o nome dos poñentes que van participar nin o título das súas intervencións. Neste sentido, Armesto explica que o pasado 26 de novembro, na feira SPS de Nuremberg, as multinacionais expuxeron todas as súas novidades de cara ao vindeiro ano e, “probablemente, por aí van xirar as cousas, aínda que de momento nada é seguro”, recalca Armesto.

Escaparate das últimas novidades do sector e porta aberta a reunións privadas

Como é habitual as xornadas acollerán un ano máis o seu coñecido ‘show room’, un espazo no que os diferentes fabricantes expoñen as últimas novidades e que este ano durará dende o luns ata o mércores. Ademais, como novidade desta edición, vanse pór en marcha toda unha serie de reunións privadas baixo a denominación ‘link2talk’. “Nestes encontros ‘ti a ti’ os participantes terán a oportunidade de, no caso de estar interesados nalgunha das conferencias, poder acudir a unha reunión privada con eses poñentes”, explica Armesto, ao que engade que as persoas asistentes poderán escoller cales lles interesan para así, unha vez rematado o relatorio, ter a opción de reunirse con ese profesional nunha aula e afondar no tema.
“Sempre quixemos que este evento fose útil para a contorna profesional; unha microfeira onde as empresas poidan vir aquí e informarse das novidades sen ter que desprazarse a Alemaña”, expresa o organizador, ao que engade que “hoxe por hoxe, aínda que as JAI naceron como un evento orientado ao alumnado, teñen tamén unha utilidade importante para os profesionais”.

De pequenas conferencias a unha ‘microfeira’

As JAI teñen o seu xerme no 2001 “nunhas charlas que ofrecín aos meus estudantes como complemento á docencia dunha das miñas materias”, apunta Armesto, ao tempo que explica que todo xurdiu a partires dunha conversa con Pablo Parrado, de Siemens, na que decidiron dedicar unha das clases a organizar unha conferencia profesional. Unha vez feita a primeira, e visto o éxito, decidiuse continuar coa iniciativa e invitar a máis poñentes de diferentes empresas. Ao principio, “eran comerciais de zona, viñan cando eu lles pedía”, explica Armesto, pero co paso do tempo Siemens propúxolle subir a aposta e enviar a un responsable da empresa en Madrid para impartir os relatorios. “Desde entón, o que facían as diferentes firmas era avisarme con 15 días de antelación e eu puña carteis informativos pola escola. Así estiven outros dous anos e foi entón cando tiven a visión de crear un congreso, pero dende un punto de vista universitario”, apunta Armesto, ao que engade que foi en 2004 cando estas actividades tomaron a forma das actuais JAI.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?