Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha a gran liga estatal de drons para o ámbito docente: a ITG Maker Drone
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha a gran liga estatal de drons para o ámbito docente: a ITG Maker Drone

Redacción
Publicado: 11/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

itg_maker_drone_11dic.jpgEsta mañá presentouse na sede do Instituto Tecnolóxico de Galicia, na Coruña, a iniciativa ITG Maker Drone, que sería, en palabras do centro tecnolóxico, a primeira liga intercolexial de drons do ámbito estatal. Na cita de hoxe participaron 30 alumnas e alumnos de catro centros locais que van participar na competición. Jorge Seoane, responsable de I+D da área de sistemas aéreos non tripulados de ITG e coordinador da iniciativa, explicou aos rapaces (todos eles de 3º da ESO dos colexios coruñeses Fogar de Santa Margarida, Franciscanas, Liceo La Paz e Obradoiro) o reto que terán que resolver nos vindeiros meses.
A primeira fase de formación, dirixida tanto aos 9 profesores da materia de tecnoloxía que dirixirán o desafío, como ao alumnado, xa comezou e finalizará no mes de decembro. Entre os meses de xaneiro e abril de 2020, os alumnos e alumnas participantes terán que deseñar e desenvolver un sistema electromecánico que, axustado a un dron (cedido por ITG), permita recoller unha botella de auga de 330ml, un brick de cartón de 1l, unha rede de artes de pesca e un obxecto sorpresa para trasladalos a un colector de lixo. O peso total do catro elementos non poderá exceder os 400gr. Ademais, o Instituto Tecnolóxico de Galicia asignará a cada centro un orzamento de 50 euros para a compra dos materiais complementarios que necesiten para a execución da súa idea.
“Trátase”, explica o centro TIC coruñés, “dun reto que promove a sensibilización polo coidado ambiental partindo de solucións creativas que se poidan desenvolver con ferramentas tecnolóxicas”. Ao seu abeiro, o ITG impartirá 3 obradoiros a cada un dos grupos participantes sobre mecánica e Impresión 3D; de compoñentes, sensores e programación, así como de bricolaxe e electrónica. O proxecto abrangue tamén formación para a pilotaxe destes drons que, cun peso máximo de 1.5 quilogramos, alcanzan unha velocidade máxima de 40km/h e teñen unha autonomía de voo de 15 min.
En maio de 2020 terá lugar a xornada final, un evento no que se realizarán as demostracións das solucións deseñadas por cada un dos equipos participantes e no que un xurado formado por representantes do ámbito académico, institucional e empresarial, valorará os traballos presentados atendendo a criterios de funcionalidade, capacidade de innovación, peso mínimo, axuste orzamentario, destreza na pilotaxe e calidade da presentación dos resultados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?