Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA lanza dous concursos para implicar á xente nova na Estratexia Dixital de Galicia 2030
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA lanza dous concursos para implicar á xente nova na Estratexia Dixital de Galicia 2030

Redacción
Publicado: 16/12/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

laptop_computer_traballando_nenos_mocidade.jpgA nosa xente nova ten un potencial de creatividade tecnolóxico-práctica que debemos ter sempre ben presente e ao que se debe estimular con actividades concretas. En base a este obxectivo a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de lanzar dous concursos para que a xente nova participe na elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030: un certame de debuxo para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, e outro de microrrelatos, dirixido a mozos e mozas de entre 11 e 18 anos, cuxas bases se publican este luns no espazo web amtega.xunta.gal/edg2030/concursos.
Os obxectivos destas actividades son “ explorar a creatividade dos máis novos a través do debuxo ou a narración, estimular a reflexión sobre como a transformación dixital afectará a nosa Comunidade nos próximos 10 anos, así como sensibilizar sobre o impacto da dixitalización na nosa Comunidade e dar a coñecer o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030”.
Baixo o nome Captura a sociedade dixital!, o concurso de debuxo está orientado a que alumnos e alumnas de Educación Primaria, cunha idade comprendida entre os 5 e os 12 anos (ambas as dúas inclusive), combinen o seu talento creativo para o debuxo coa súa visión do futuro. A través del, as e os participantes deberán plasmar o impacto que consideran terá a dixitalización na sociedade galega no 2030: o uso das TIC, os novos hábitos e as necesidades que xorden pola transformación dixital, as oportunidades derivadas da aplicación das novas tendencias dixitais, etc.
Polo que se refire ao certame de microrrelatos, Viaxe ao 2030, está dirixido a estudantes de ESO ou Bacharelato, cunha idade comprendida entre os 11 e os 18 anos (ambas as dúas inclusive), que “deberán agudizar o seu enxeño e capacidade imaxinativa para describir o futuro”, sinala a axencia AMTEGA, engadindo que “a misión dos participantes será reflexionar sobre como esperan que a transformación dixital incida na nosa vida diaria nos 10 próximos anos e expresalo a través dunha narración, describindo así a Galicia do 2030”.
O persoal docente será o responsable de inscribir ao alumnado interesado en participar a través dos formularios web correspondentes a cada concurso accesibles desde a web da AMTEGA. O período de inscrición estará aberto dende o 16 de decembro ata o vindeiro 17 de xaneiro.
Os traballos, que poderán entregarse desde a apertura das inscricións ata o día 24 de xaneiro do 2020, serán enviados seguindo as instrucións recollidas nas bases e deberán cumprir coas características detalladas para cada un dos concursos.
Un xurado especializado no ámbito da Sociedade da Información e as Tecnoloxías Dixitais será o encargado de preseleccionar as cinco obras finalistas por cada certame. Logo publicaranse no Facebook da AMTEGA para que “calquera internauta que o desexe poida votar aqueles que consideren que mellor representan a Galicia do 2030 a través das tecnoloxías dixitais”. Premiarase ás obras gañadoras que serán os 3 debuxos e os 3 microrrelatos que máis gústame obteñan.
Ambos concursos forman parte do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030, que arrincou no mes de xullo coa celebración do I Foro de debate profesional, no que participaron arredor de 200 axentes sociais e económicos da Comunidade, implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación.
Ademais, AMTEGA lembra que este mes de decembro constituíuse o Comité de Expertos, integrado por 22 académicos de diferentes disciplinas das tres universidades galegas, que complementará a visión dos centros tecnolóxicos e empresas, e axentes económicos e sociais que están a participar no proceso de elaboración da EDG2030.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?