Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 1.002.000 fogares e empresas da nosa terra están xa en disposición de conectarse a R
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 1.002.000 fogares e empresas da nosa terra están xa en disposición de conectarse a R

Redacción
Publicado: 17/12/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cobertura_r_galicia.jpgCo gallo de estarmos en plena recta final de 2019, R quere facer reconto dos seus avances en materia de equipar aos municipios galegos de redes ultrarrápidas de Internet a través de fibra óptica (tecnoloxía FTTH de última xeración). Segundo fai saber a operadora de cable de raizame galega, o ano está a piques de pechar con 808.000 fogares e 194.000 negocios conectados á devandita rede avanzada de seu, o que significa que a compañía foi quen de superar o fito do millón de residencias particulares e empresas preparadas para recibir os seus servizos de última xeración. En total, 1.002.000 domicilios e negocios da nosa terra. Podemos consultar a cobertura de fibra óptica, ao detalle, no mapa habilitado pola empresa de cable.
A compañía de telecomunicacións tamén deu a coñecer que o investimento aplicado no despregue das ditas infraestruturas en Galicia ao longo de dúas décadas superou os 1.300 millóns de euros, chegando a 134 concellos da Comunidade.
Por outra banda, da devandita cifra de 1.002.000 de fogares e empresas conectados á fibra de R, ao redor de 300.000 clientes gozan nestes momentos de accesos a Internet de ata 500 Mbps entre outros servizos avanzados.
R desenvolve neste intre varios proxectos das adxudicacións do Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración do Ministerio de Economía e Empresa, co que se promove o despregue de FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento. Cando se completen os traballos de cobertura dos proxectos do Plan PEBA-Plan Avanza adxudicados a R en 2016 e 2018, o investimento total realizado (tanto en novas localidades como nas que xa había rede de R) alcanzará os 18 millóns de euros, co-financiados polos fondos FEDER da Unión Europea a través de devandito programa.
muros-r.jpgA compañía galega tamén engade que en virtude das adxudicacións de 2016, cun investimento de 8 millóns de euros, ao redor de 33.000 fogares e negocios das “zonas brancas” uniranse a ese millón longo dos que hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. A maiores, outras 32.000 residencias particulares e empresas tamén ficarán conectadas ás redes de nova xeración de R ao rematar as actuacións dun segundo plan PEBA-Avanza adxudicadas ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa o ano pasado para igualmente achegar a tecnoloxía FTTH a diversas zonas da xeografía galega que nunca dispuxeran de accesos ultrarrápidos.
Estes despregues, cun investimento adicional de 10 millóns de euros, están subvencionados así mesmo polos Fondos FEDER da Unión Europea. Desta maneira, ao final de ambos os plans, antes de 2021, preto de 65.000 novos fogares e negocios ficarán preparados para recibir os servizos avanzados do operado galego.
Até 500Mb e servizos avanzados nunha vintena de novas localidades
Froito de todos estes traballos, só en 2019 poden acceder á rede de R a velocidades de ata 500 Mbps domicilios e empresas de núcleos de 11 novos municipios galegos, aos que cómpre sumar outra decena deles conectados en 2018. Así, na provincia da Coruña R levou recentemente as súas redes de nova xeración aos concellos de Abegondo, Cerceda, Muros, Camariñas, Ortigueira, Curtis ou Porto do Son. En Lugo, a Lourenzá, Monterroso, Palas de Rei, Barreiros e Guitiriz. Na provincia ourensá conectáronse á rede de fibra de R núcleos dos municipios de Petín e Pobra de Trives e en Pontevedra os de Ribadumia, Meaño, Cuntis, Ponte Caldelas, O Rosal, Tomiño ou Moraña. Doutra banda, R aumentou a súa presenza noutros municipios onde xa estaba coa súa rede de fibra como Miño, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Ferrol, Neda, Poio (Combarro), Pontevedra, Vigo, A Guarda, Ordes, Santiago de Compostela, San Cibrao das Viñas, Arteixo, Nigrán, Vigo, Cervo, Sanxenxo, Redondela, Mugardos e Boqueixón. E as previsións falan doutros despregamentos en 2020, en núcleos dos municipios de Cariño, Muxía, Antas de Ulla, Valga e Vilaboa.
Ademais deses accesos a Internet con “megavelocidades garantidas”, as zonas activadas poderán gozar tamén do desco 4k da televisión dixital de R, alta definición co servizo Rebobina para ver a tele “como e cando se queira”. Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede WifiClientes R diseminados pola xeografía galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?