Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Euskaltel lanza unha app que permite acceder de balde a milleiros de contidos de TV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Euskaltel lanza unha app que permite acceder de balde a milleiros de contidos de TV

Redacción
Publicado: 19/12/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tvcomigo.jpgO Grupo Euskaltel, do que forma parte a operadora de ámbito galego R, remata o ano con novidades para os móbiles dos usuarios. En concreto, hoxe comunicou o lanzamento da que sería, nas súas palabras, “a primeira aplicación para todo o grupo que permite acceder a milleiros de contidos televisivos de balde e baixo demanda dende calquera dispositivo”. Trátase dun novo paso na estratexia de Euskaltel de avanzar en servizos converxentes de telecomunicación. Estaría, como dixemos, a disposición da comunidade usuarios de Euskaltel, R e Telecable.
A novidade, segundo informa o grupo, non conformará cambios nos servizos, que se manterán tal e como están (Edonon en Euskaltel, TEDI en Telecable e TV Comigo en R). Porén, o cambio radica no feito de que agora contarase cunha única plataforma que, en palabras da compañía, “mellora o servizo, é máis robusta dimensionable e está preparada para funcionalidades futuras”. Amais, porá un ingrediente extra de rapidez no acceso aos contidos, máis funcións de programación e unha grella máis ampla con audiovisual de todos os xéneros (cinema, series, documentais, infantil, etc.).
O grupo tamén fai saber que en virtude desta nova aplicación, os clientes de televisión de Euskaltel, R e Telecable terán acceso a programas de TV en directo e a canles temáticas, e poderán tamén programar as gravacións desde a app para visualizalas despois desde calquera dispositivo ou desde o desco (e viceversa) ademais de estar en disposición de recuperar calquera programación dos últimos 7 días desde a aplicación, á que se poderá acceder desde dispositivos Android, iOS ou desde a versión web.
Con esta nova ferramenta para móbiles, os máis de 366.000 clientes con desco do Grupo Euskaltel contarán co servizo de televisión desde a app acabada de estrear.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?