Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da UVigo e a USC sentan os alicerces dunha app para mellorar o desenvolvemento motriz da rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da UVigo e a USC sentan os alicerces dunha app para mellorar o desenvolvemento motriz da rapazada

Redacción
Publicado: 20/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_app_motriz_aplicacion_usc.jpgEsta semana foron dados os coñecer os detalles do xermolo dunha aplicación informática con potencial para facilitar (avaliando o grao de adquisición de habilidades, mostrando como potencialas, axudando ao profesorado a detectar onde centrar esforzos) o desenvolvemento motriz da nenez, ao tempo que estimulará a adopción de hábitos de vida activos e saudables. A ferramenta será materializada por investigadores e investigadoras das universidades de Vigo e Santiago de Compostela.
Entre estes investigadores atópase Ezequiel Rey, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra), membro do grupo Remoss, do que tamén forma parte o docente da USC Cristian Abelairas, integrante así mesmo do grupo Clinirsud, da USC. Ambos exercen como responsables principais do proxecto, seleccionado na convocatoria Retos da sociedade, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O equipo tamén está integrado polo coordinador do grupo Remoss, Roberto Barcala, e a tamén investigadora do grupo Cristina Varela, xunto coa profesora da USC Carmen Neiro e Geno Rodríguez, investigador do grupo Esculca da institución compostelá.
A ferramenta informática prevista porá o foco nas idades comprendidas entre os 2 e 9 anos, que é a etapa da nosa vida na que “máis capacidade temos de lograr aprendizaxes motrices que logo perduren ao longo da nosa vida” e na que os nenos e nenas aprenden estas habilidades “e as perfeccionan ata alcanzar un estadio de madurez”, sinala Rey. Neste senso, a aplicación terá unha función correctora e avaliadora, garantindo o correcto desenvolvemento das habilidades motrices para xerar “actitudes positivas cara o exercicio físico”. Segundo explican, outro dos propósitos do proxecto é fornecer ao profesorado de Educación Física dunha ferramenta que permita avaliar o desenvolvemento das capacidades físicas das nenas e nenos, “programando actividades para a súa mellora en caso de que sexan precisas”.
A primeira fase da iniciativa, de tres anos de duración, estará centrada nunha “revisión exhaustiva da literatura científica ao respecto” para coñecer que tipo de probas poden empregarse para esta avaliación. O seguinte paso será definir unhas serie de probas que permitan, “dun xeito rápido e áxil”, avaliar e cuantificar o grao de desenvolvemento das habilidades, para finalmente trasladalas a unha aplicación informática que poida ser empregada por profesorado de primaria nas aulas. A idea é permitir aos educadores levar un rexistro e ver a efectividade dos seus programas, á vez que lles faría máis doada detección daqueles casos de nenos e nenas aos que sería necesario “proporcionar un reforzo nalgunhas habilidades clave”.
Unha vez creada a aplicación, que podería ser tamén de utilidade para os técnicos que traballan con escolas deportivas de base, a última fase do proxecto centrarase en pór a proba este sistema “cunha mostra representativa de escolares galegos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?