Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta ampliará de maneira automática os prazos dos trámites en liña en caso de incidencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta ampliará de maneira automática os prazos dos trámites en liña en caso de incidencia

Redacción
Publicado: 23/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

working_online_traballando_online_computador.jpgO Goberno galego vén de anunciar a ampliará os prazos dos trámites online en caso de incidencia técnica na Sede Electrónica que impida o seu funcionamento ordinario, e farao ademais de maneira automática. É un dos tres decretos que se prevén aprobar esta lexislatura no marco da Lei de Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA), aprobada o pasado mes de xullo, e que busca universalizar o acceso dos galegos ao servizos dixitais.
En termos máis concretos, o decreto, que entrará en vigor trala súa publicación no Diario Oficial de Galicia, establece unha ampliación automática de 24 horas hábiles sobre o prazo previsto, “en caso de que unha incidencia técnica non programada impida o funcionamento normal da Sede Electrónica da Xunta na última hora do prazo estipulado ou durante 3 horas de xeito ininterrompido nas doce horas previas ao remate dese prazo”. O obxectivo é “incrementar as garantías e facilidades para cidadáns e empresas no contexto actual de transformación dixital, no que a xestión online se está a consolidar entre os galegos como a opción maioritaria para relacionarse coa Administración”, informa AMTEGA, ilustrando o devandito co seguinte dato: “Entre xaneiro e setembro de 2019 máis do 52% das xestións rexistradas pola Administración autonómica presentáronse online, ben a través da sede electrónica da Xunta, das oficinas virtuais, ou a través o rexistro electrónico”.
A eSede permite presentar a distancia máis 1.600 trámites, e esta foi a canle elixida preto de 500.000 galegos, que entre xaneiro e setembro empregaron a sede para realizar as súas xestións coa administración autonómica.
O decreto que regula a ampliación de prazos é un dos tres que a Administración autonómica prevé a aprobar esta lexislatura, dentro dos obxectivos marcados pola LEDIXGA. Segundo engade a axencia AMTEGA, estase a traballar neste intre na elaboración do decreto que regulará o Marco galego de Competencias Dixitais e que permitirá á cidadanía e aos empregados públicos acreditar os coñecementos e habilidades dixitais, tomando como referencia o marco europeo. Ademais, atópase en fase de elaboración o decreto que regulará o rexistro de apoderamentos, e que permitirá habilitar a unha persoa ou a un funcionario público a realizar trámites dixitais en nome doutra persoa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?