Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea impulsa unha proposta para xestionar o tráfico con Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea impulsa unha proposta para xestionar o tráfico con Intelixencia Artificial

Redacción
Publicado: 24/12/2019
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

trafficoncloud.jpgA mobilidade sustentable e segura é un dos grandes desafíos que teñen por diante as administracións. A convivencia de coches, buses, taxis, peóns, repartidores en bicicleta, patinetes eléctricos ou segways non é doada. Se a isto lle sumamos horas puntas como a saída dos colexios, condicións meteorolóxicas adversas, obras na vía ou outras circunstancias puntuais a cousa complícase. A empresa galega do sector TIC Balidea xunto con FISEGVI, centrada na seguridade viaria, propoñen unha solución para manexar todas estas variables con Intelixencia… Artificial.
Propoñen Traffic On Cloud, un sistema con capacidade para captar e analizar imaxes de vídeo en tempo real e proporcionar información moi valiosa sobre todos eses factores que inflúen no tráfico: fluxos, traxectorias, tipos de vehículos, incidencias ou inclemencias. A ferramenta está baseada no uso de técnicas de Visión e Intelixencia Artificiais para realizar unha análise avanzada da situación que permita facilitar e axilizar a toma de decisións.
4-2.jpg“Hoxe en día a xestión e estudo da mobilidade presentan continuos desafíos derivados das novas formas e modos de desprazamento, sobre todo no ámbito urbano, que ademais requiren respostas rápidas”, explica Álvaro Louro, CEO de FISEGVI. Establecer regulacións e contornas seguras nas que poidan convivir todos as maneiras de desprazarse require, segundo os impulsores do proxecto, de “análises de datos tamén áxiles, fiables e non intrusivas”.
Na procura dunha mobilidade eficiente
Aproximándose ao concreto, que tipo de información achegaría Traffic On Cloud? “Permite contar e clasificar o tráfico e, a partir de aí, por exemplo, detectar vehículos prohibidos nunha zona determinada, como vehículos pesados en determinadas zonas urbanas”, relata Ismael Menéndez, coordinador do proxecto en Balidea. Así mesmo, pode detectar vehículos mal aparcados, identificar vehículos sospeitosos ou buscados polas forzas de seguridade ou clasificar o tráfico.
Pero, como contribúe a ferramenta a ordenar o tráfico? Os responsables de Balidea e FISEGVI cóntano deste xeito: “Se sabes a intensidade, os fluxos e as traxectorias do tráfico nunha zona determinada, como poden ser as entradas e saídas dunha localidade, podes tomar as medidas para desvialo por vías alternativas”.
Pola súa banda, o experto en Intelixencia Artificial de Balidea, José Luis Prado, explica como se fai todo isto. “A detección de obxectos ou vehículos e a súa clasificación baséase en técnicas de Visión Artificial (VA) complementadas con tecnoloxías avanzadas no eido da Intelixencia Artificial (IA), que permiten a determinación efectiva dos mesmos en diferentes condicións: día, noite, chuvia ou condicións atmosféricas adversas dentro duns límites ou tolerancias”. Segundo este experto, a VA realiza unha análise das imaxes e a IA encárgase de xerar unha predición, “permitindo distinguir diferentes obxectos na escena de observación cun grao de acerto óptimo”.
3-3.jpgO sistema podería enviar alertas aos responsables da xestión da vía, aos servizos de seguridade e emerxencias ou mesmo a persoas usuarias condutoras que dispuxesen da app. Deste xeito, sería sinxelo avisar, por exemplo, dun atasco, de velocidade reducida ou dun accidente.
“Xa sexa co obxectivo de posibilitar a xestión en tempo real ou de planificar desenvolvementos urbanísticos e políticas de mobilidade, a ferramenta proporciónalles aos xestores a información que necesitan para a toma de decisións e a adopción de medidas concretas”, completa Álvaro Louro.
Unha solución polivalente e económica
Os seus creadores subliñan que este sistema ten moitas vantaxes a nivel de usabilidade, fronte a outros utilizados actualmente para cubrir algunha das necesidades que abrangue a solución. “Por exemplo, a contaxe de vehículos con espiras require máis recursos tanto para a súa implantación como para a análise e interpretación dos datos”, comenta Ismael Menéndez. Aseguran que as funcionalidades avanzadas, como a análise de fluxos e traxectorias, só alcanzan un alto grao de exactitude con ferramentas de análise de imaxes como Traffic On Cloud.
2-2.jpg “A gran vantaxe da solución é a súa polivalencia”, afonda o seu compañeiro de FISEGVI, quen indica que “se pode adaptar facilmente ás necesidades da clientela, e ten aplicación tanto no tráfico urbano coma no interurbano e, ademais, é compatible con sistemas de visualización de tráfico xa existentes”.
Validación en contornas reais
Traffic On Cloud está constituído por un equipo portátil de fácil instalación nas vías públicas e unha plataforma cloud que ofrece unha aplicación de usuario con accesibilidade vía web. É o resultado dun proxecto de I+D+i máis amplo, certificado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en xuño deste ano.
O proxecto atópase agora en fase precomercial, realizando as últimas validacións e axustes. Xa se testou en contornas controladas e agora estanse realizando proxectos piloto con potenciais clientes finais, principalmente en concellos. “Para nós é moi importante agora validalo en contornas e usos reais, coa colaboración de potenciais clientes que nos acheguen a súa avaliación e recomendacións especializadas”, conclúe Ismael Menéndez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?