Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os obradoiros tecnolóxicos itinerantes de San Sadurniño chegarán ata a primavera
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os obradoiros tecnolóxicos itinerantes de San Sadurniño chegarán ata a primavera

Redacción
Publicado: 24/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobilcemit-702x336.jpgSan Sadurniño presentou estes días un programa formativo-tecnolóxico de longo alcance: unha serie ininterrompida de obradoiros na súa aula de alfabetización TIC (a aula CeMIT) que comezou este outono e que chegará ata ben entrada a primavera abranguendo actividades para veciñas e veciños de todas as idades. Entre outras temáticas, introducirase aos asistentes no uso e posibilidades dos dispositivos móbiles e máis nas principais aplicacións informáticas.
Parte dos cursos estanse a impartir xa na propia aula CeMIT (situada no primeiro andar da Casa da Cultura), aínda que tamén hai accións itinerantes polos locais sociais das distintas parroquias. Ademais os vindeiros días (co aninovo) haberá actividades para a rapazada do CPI.
Segundo informa o Concello, nos obradoiros que se desenvolven nos locais sociais estanse a aprender nocións básicas sobre o manexo do teléfono móbil (chamar, conectarse a Internet, instalar aplicacións e, sobre todo, desenvolverse co aparello sen comprometer a privacidade). Todas as sesións teñen o mesmo horario: os luns e martes entre as 10.00 e as 12.30h. Os cursos xa pasaron en novembro por Naraío e ata o 21 de xaneiro a aula CeMIT itinerante encóntrase en Lamas.
Porén, aínda lle faltan catro sitios aos que acudir e que, polo tanto, teñen aínda aberto o prazo de solicitude. Así, a Santa Mariña tócalle do 27 de xaneiro ao 18 de febreiro, a Igrexafeita do 2 ao 24 de marzo, en Ferreira ofrecerá formación do 30 de marzo ao 28 de abril e en Bardaos o curso celebrarase do 4 ao 26 de maio.
Ademais desta oferta que está percorrendo as parroquias, a aula tamén porá en marcha en San Sadurniño actividades dirixidas á rapazada. Do 15 de xaneiro ao 29 de abril haberá un curso de informática para alumnado do CPI. As nenas e nenos que acudan terán a oportunidade de usar programas de axuda para os seus estudos, aplicacións para facer traballos e recoller información e mesmo ferramentas para publicar contidos.
A formación impartirase todos os mércores en dous grupos: de 16.00 a 17.30h. acudirá a rapazada de 5º e 6º de Primaria e de 18.00 a 19.30h. a mocidade de 1º e 2º da ESO.
Para apuntarse en todas estas actividades hai que pasar pola Aula CeMIT, enviar un correo a cemit.sansadurnino@xunta.gal ou chamar ao 616 016 793.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?