Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destina preto de 17 millóns de euros para consolidar un sistema de I+D+i cara á excelencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

A Xunta destina preto de 17 millóns de euros para consolidar un sistema de I+D+i cara á excelencia

Redacción
Publicado: 26/12/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20191226_feijoo_1.jpgO presidente Alberto Núñez Feijóo avanzou hoxe que a Xunta destinará preto de 17 millóns de euros co dobre obxectivo de consolidar un sistema de I+D+i que camiñe cara á excelencia e atraer e reter talento na comunidade. Nun primeiro termo explicou que a Administración autonómica destinará case 15 millóns no período 2020-2024 a axudas para os grupos de referencia máis competitivos da I+D+i galega, co fin de seguir dotando o sistema de estabilidade e, ao mesmo tempo, impulsar a súa excelencia.
En concreto, a convocatoria estará dirixida ás tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG); aos organismos públicos de investigación; ás fundacións de investigación sanitaria e aos centros do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) radicados en Galicia.
Como novidade a convocatoria deste ano, ademais do apoio a grupos de referencia competitiva e grupos de potencial crecemento, introducirá unha terceira modalidade para o financiamento de proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente.
Sobre os grupos de referencia competitiva (modalidade á que se destinan máis de 8 millóns), caracterizados por bos índices de publicacións científicas, un nivel de captación de recursos elevado e competitivos a nivel estatal e, en moitos casos, internacional, o presidente da Xunta aseverou que as axudas terán unha duración máxima de catro anos e o importe total de cada unha virá determinado por unha contía estrutural, máis outra variable, asociada á evolución na xeración de recursos por parte do grupo.
A modalidade B (á que se destinan 5 millóns de euros) estará dirixida a grupos de potencial crecemento que, sen alcanzar os niveis de desenvolvemento dos anteriores, teñen calidade investigadora, constatable con criterios estritos e están na senda que os levará ser grupos de referencia.
Para esta modalidade, as axudas serán de aplicación por un período de 3 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima de 20.000 euros na primeira; e de 35.000 euros na segunda e terceira.
Por último, a modalidade C estará dirixida ao financiamento de proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, co obxectivo de reforzar o labor dos científicos máis activos do sistema como os que obtiveron unha axuda do Consello de investigación europeo, do Programa Ramón y Cajal e do Miguel Servet, os máis prestixiosos de Europa e de España respectivamente.
Dentro desta modalidade, e en función das características dos investigadores, haberá unha liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada; e outra de reforzo de traxectorias emerxentes.
Cómpre subliñar que, no caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de catro anualidades, mediante o pagamento anual á institución á que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 50.000 euros. E, no caso dos proxectos da liña de traxectoria investigadora emerxente, as axudas serán de aplicación por un período de 5 anualidades e unha contía máxima anual de 15.000 euros.

Máis de 2 millóns de euros para os programas Talento Sénior e Principia

20191226_feijoo_2.jpgPara as novas convocatorias dos programas Talento Sénior e Principia, a Xunta destinará máis de 2 millóns de euros, coa previsión de contratar a preto de 120 persoas en empresas e organismos de investigación.
A través do Talento Sénior, que contará cun orzamento de 960.000 euros, prevese apoiar un total de 15 contratacións de persoal con máis de cinco anos de experiencia na área de I+D+i. E os incentivos da Xunta para as entidades beneficiarias variarán en función da retribución bruta por cada contrato indefinido ou de duración igual ou superior a tres anos, no que deberán achegar ao profesional que se incorpore ao organismo un salario de cando menos 40.000 euros brutos por anualidade.
Á hora de conceder as axudas valorarase o perfil da persoa a contratar, a súa experiencia e traxectoria internacional e a condición de retorno e atracción, entre outras cousas.
O programa Principia que, con esta convocatoria, acada a súa quinta convocatoria, contará cunha achega de 1,1 millóns de euros para impulsar a contratación de persoal mozo e cualificado por parte de empresas e organismos de investigación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?