Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e FEGAMP xuntan forzas para facilitar as melloras de cobertura móbil nos concellos rurais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e FEGAMP xuntan forzas para facilitar as melloras de cobertura móbil nos concellos rurais

Redacción
Publicado: 26/12/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cobertura_telefonica_rural-3.jpgTodo apunta que co novo ano intensificarase o compromiso das administracións para pór freo á fenda de comunicacións que separa as vilas e cidades dos núcleos de poboación máis miúdos e illados do noso rural. Nesta liña, poñendo o foco na cobertura móbil, sitúase o acordo que veñen de asinar a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e a Federación Galega de Municipios (FEGAMP), un acordo marco para permitir aos concellos mellorar as comunicacións móbiles no rural. Desde principios de xaneiro e ata mediados de febreiro os municipios interesados poderán realizar a solicitude de adhesión ao programa autonómico para facilitar o servizo da dita tecnoloxía a través da FEGAMP.
As entidades locais deberán presentar un proxecto, que inclúa información de zonas nas que teñen constancia de deficiencias de cobertura así como a posta a disposición dun terreo axeitado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación e o compromiso de abordar a acometida eléctrica, para o que poderán solicitar unha axuda máxima de 30.000€.
Aqueles concellos que cumpran cos requisitos (ter deficiencias en comunicacións móbiles, en base ao mapa de cobertura elaborado pola AMTEGA en colaboración co COETG, o Colexio de Enxeñaría de Telecomunicacións de Galicia) integraranse nun proxecto que se desenvolverá a través dunha encomenda ao operador publico RETEGAL para a construción das torres e unha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva. O seguinte paso será a adxudicación do proxecto, prevista para finais do primeiro semestre do 2020 co obxectivos de completar a construción da totalidade das torres nun prazo de dous anos.
Segundo informaron AMTEGA e a FEGAMP, desta actuación, que conta cun investimento público de 5 millóns de euros, poderán beneficiarse núcleos de ata 118 concellos do ámbito rural “nos que se ten detectado algún problema coa cobertura móbil”, a maior parte deles núcleos con menos de 10 habitantes pero “algúns rexistrando gran circulación de persoas ao tratarse de destinos turísticos ou zonas situadas no Camiño de Santiago”, engadiron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?