Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede Dixital de Emerxencias de Galicia incrementará as súas funcionalidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede Dixital de Emerxencias de Galicia incrementará as súas funcionalidades

Redacción
Publicado: 27/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

resgal_100_tec_galega.jpgO potencial de resposta das entidades autonómicas e locais ante todo tipo de emerxencias comezará o ano cun importante fortalecemento tecnolóxico. Segundo anunciou hoxe o Goberno galego, vaise aumentar a capacidade da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia (RESGAL) e, tamén, as súas funcionalidades. Estes son os obxectivos fundamentais, xunto co mantemento da Rede, que se recollen na licitación que vén de publicar o operador público RETEGAL, dependente da AMTEGA, e responsable da xestión de RESGAL.
O contrato, que ten unha duración estimada de 48 meses por un importe de 2,27 millóns de euros, garante o mantemento de RESGAL nas condicións de esixencia e continuidade que require unha rede deste tipo. Ademais, engaden AMTEGA e RETEGAL, abrangue a actualización do sistema de xestión da plataforma, «o que permitirá aumentar a súa capacidade e incorporar funcionalidades como a integración de smartphones». Todas estas novidades posibilitarán que os profesionais usuarios da dita Rede poidan conectarse a ela mediante unha aplicación instalada en cadanseus móbiles en caso de atoparse fóra dunha zona de cobertura da Rede ou non dispoñer do terminal adaptado que empregan para conectarse a ela. AMTEGA engade que «en todos os casos as comunicacións estarán cifradas e coas mesmas garantías que se fixeran dende os terminais adaptados».

Contidos
  • Unha rede única con máis de 5.500 terminais
  • Capacidade e cobertura

Unha rede única con máis de 5.500 terminais

O Goberno galego lembra que, na actualidade; empregan RESGAL profesionais do 061, SERGAS, AXEGA, 112, UPA, Axentes de Medio Ambiente, Axentes Forestais, Consorcios de Bombeiros, Policías Locais e Protección Civil de 116 Concellos de Galicia. Estes efectivos tiran proveito de dispositivos móbiles adaptados a condicións extremas e están dados de alta máis de 5.500 terminais.

Capacidade e cobertura

A Xunta recorda que entre os anos 2016 e 2017 incrementouse a cobertura de RESGAL, facendo especial fincapé nas zonas con máis risco de incendio. «A instalación de 25 novas estacións radio base, 4 repetidores e unha nova estación transportable permitiron reducir nun 34% as zonas de sombra no conxunto da Comunidade e en máis dun 44% nas 565 parroquias identificadas como de alto risco de incendio», explica AMTEGA, lembrado que o reforzo das infraestruturas de RESGAL «ampliou o seu radio de acción acadando o 90% do territorio e o 96,5% da poboación».
Coas ditas medidas, ademais da mellora en zonas rurais, incrementouse a cobertura da Rede en núcleos de poboación de máis de 1.000 habitantes e nos Hospitais de Barbanza e Burela. RESGAL conta con cobertura plena nas 7 grandes cidades e garante unha cobertura moi alta nas principais vías de comunicación, portos, aeroportos e zonas industriais de especial risco.
RESGAL emprega tecnoloxía TETRA, en palabras de AMTEGA «a máis punteira para este tipo de comunicacións, que garante a súa dispoñibilidade cando o resto de redes de telefonía móbil se colapsa».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?