Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A e-consulta entre atención primaria e especializada evita aos pacientes máis de 150.000 desprazamentos ao ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A e-consulta entre atención primaria e especializada evita aos pacientes máis de 150.000 desprazamentos ao ano

Redacción
Publicado: 30/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

e-saude_ordenador.jpgO 16% das primeiras consultas de enfermidade coas especialidades hospitalarias puideron ser resoltas no Servizo Galego de Saúde sen necesitar do desprazamento do paciente ao centro hospitalario correspondente grazas á aplicación da e-consulta entre os profesionais de Atención Primaria e Especializada. O procedemento, só posible polo traballo compartido de ambos niveis asistenciais sobre o soporte común do programa de historia clínica electrónica Ianus, evita máis de 150.000 desprazamentos ao ano aos usuarios da sanidade pública galega, mellorando a accesibilidade do sistema sanitario.
O Ianus comezou a funcionar no ano 2004 e desde entón a dixitalización dos sistemas de información do SERGAS ten permitido melloras continuas no eido da teleasistencia, da mobilidade, do apoderamento dos usuarios ou da orientación de procesos. A dixitalización da organización sanitaria fai posible por exemplo a xestión de 272 citas de Atención Primaria ao minuto ou a dispensación de 603 receitas no mesmo lapso temporal. Cada minuto rexístranse tamén 434 accesos á historia clínica electrónica dos pacientes (preto de 46 millóns ao ano) e a información clínica dos usuarios amplíase de xeito continuado cunha media de 436 novas anotacións/minuto. O uso das posibilidades das comunicacións tamén ten permitido a resolución dun 11% das consultas de Atención Primaria por vía telefónica, o que de novo se traduce en máis de 2,7 millóns de citas resoltas sen desprazamentos para os usuarios.
De xeito singular, a aplicación das tecnoloxía da información e da comunicación ten posibilitado un maior acceso dos pacientes aos seus datos de saúde. En setembro de 2016 o SERGAS puxo en marcha a plataforma É-Saúde e na actualidade son xa más de cen mil os usuarios dados de alta. No que vai de ano, a ferramenta rexistrou 842.247 accesos e 41.853 descargas de imaxe.
É-Saúde posibilita aos usuarios rexistrados consultar e xestionar as súas citas ou revisar a súa folla de tratamentos e informes de alta ou de probas diagnóstica. Tamén pon a disposición dos cidadáns fichas informativas creadas e/ou revisadas por profesionais do SERGAS, e posibilita acceder aos vídeos da canle de YouTube da plataforma, consultar servizos e compartir dúbidas coas comunidades conformadas por persoal médico e de enfermería e asociacións de pacientes. É-Saúde conta tamén cun sistema de mensaxería que na actualidade supón un volume de 30.000 SMS ao día entre recordatorios de citas e comunicación de resultados de saúde, correspondentes aos programas de cribado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?