Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As mulleres galegas na Industria 4.0 centraron unha xuntanza en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As mulleres galegas na Industria 4.0 centraron unha xuntanza en Vigo

Redacción
Publicado: 08/01/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mulleres_4.0_conde.jpgHoxe celebrouse en Vigo unha xuntanza destinada a derrubar estereotipos, desigualdades e prexuízos de xénero en materia de tecnoloxías e innovación. Estamos a falar do encontro Mulleres Protagonistas, unha iniciativa que reúne nas súas edicións representantes femininas de distintos sectores (no caso da cita de hoxe, do mundo da enxeñaría con integrantes do eido empresarial, asociacións, centros tecnolóxicos e das universidades) co obxectivo de establecer diálogos abertos sobre os principais desafíos aos que se enfrontan e tender pontes entre as contornas nas que traballan, por unha banda, e a Administración autonómica, pola outra. Na xeira de traballo participou o conselleiro de Economía, Francisco Conde.
O conselleiro salientou na xuntanza “a necesidade de estimular e desenvolver a figura da profesional 4.0 para anticiparse aos retos do futuro”, ao tempo que enxalzou as posibilidades que se abren con este tipo de sesións de traballo, “que ofrecen unha oportunidade para reflexionar sobre os retos que se presentan para mellorar a situación das mulleres no mundo laboral e empresarial e avanzar cara a igualdade profesional plena”.
Na xuntanza de hoxe abordáronse temas como o papel das mulleres no impulso da Industria 4.0, o fomento das vocacións STEM entre as mozas ou os retos da Galicia de 2030. No seu transcurso, Conde subliñou que é “indispensable contar cun entorno laboral onde a desigualdade non pode nin debe ter lugar e, deste xeito, reducir a fenda que existe, na actualidade, entre os homes e mulleres incorporados á canteira do talento 4.0”. Amais, malia recoñecer que “aínda hai moito traballo por facer”, o conselleiro dixo que “Galicia está demostrando unha evolución favorable” e así o demostran, engadiu, parámetros como o relativo ao paro feminino, que “caeu un 2,37% no último ano, a mellor ritmo que o desemprego masculino”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?