Dinahosting, a firma compostelá especializada en dominios de Internet e servizos de hospedaxe web, comezou o ano convidando aos internautas a facerse cun dominio .me, convite que vén acompañado dunha promoción que pode ser de moito interese para quen queira reducir custes na súa actividade na Rede ao tempo que fai lucir o seu recanto online cun reclamo de probada eficacia (o puntomé achega unha chea de xogos de palabras con outros termos e ten un significado propio nunha gran cantidade de linguas). Na promoción de Dinahosting pódese adquirir un dominio destas características por 7,99 euros.
Segundo salienta a empresa de Compostela, o .me é unha extensión que brinda un amplo abano de posibilidades e potencialidades: é moi recoñecible e doada de lembrar, é axeitada para blogs persoais (como os about.me), permite montar dominios personalizados ou reclamos e ten significado en inglés, galego ou portugúes (follow.me, rexistra.me, etc).
A promoción estará activa durante todo o ano, ata o 31 decembro. Porén, quen queira dar pasos na obtención dun dominio propio pode comprobar se está rexistrado na web de Dinahosting. A empresa, con cada alta, agasalla unha conta de correo e se vimos doutra provedora, tres meses de hospedaxe de balde e unha ano de protección de Whois.
Segundo lembra Dinahosting, aínda que en orixe tratábase do ccTLD para Montenegro, o dominio .me “converteuse nunha opción moi práctica para compoñer nomes de dominio interesantes, en linguas como o inglés, o italiano, o castelán, o portugués ou o galego”.
Dinahosting achega dominios .me por 7,99 euros
Compartir Este Artigo

