Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta mobilizará 67 millóns de euros para impulsar a transformación dixital e a Industria 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta mobilizará 67 millóns de euros para impulsar a transformación dixital e a Industria 4.0

Redacción
Publicado: 09/01/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20200109_feijoo_01.jpgNa rolda de prensa tras o Consello da Xunta, o presidente Alberto Núñez Feijóo destacou a activación nas vindeiras semanas de dez programas que, cun total de preto de 67 millóns de euros, impulsarán a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego matizando que «son tanto para empresas como para centros tecnolóxicos de Galicia».
Entre os programas que se poñen en marcha por primeira vez, Feijóo destacou o proxecto Maquinaria 4.0 que, cunha dotación de 2 millóns de euros, buscará xerar provedores fortes no eido da fabricación de maquinaria e outros bens de equipo que poidan servir ao tecido empresarial galego; e os apoios para o desenvolvemento de centros de fabricación avanzada, que contarán cunha dotación de 16 millóns de euros ata 2022, co obxectivo de xerar, entre outras infraestruturas, centros de ensamblaxe, loxística e recursos tecnolóxicos, espazos maker de fabricación compartida ou o acondicionamento especializado de solo industrial.
20200109_feijoo_03.jpgAsí mesmo, e de xeito paralelo, o presidente da Xunta aseverou que a Xunta continuará co desenvolvemento de dous hubs de innovación dixital, que funcionarán como un catálogo de servizos no que conflúen todos os recursos relacionados coas tecnoloxías asociadas á transformación dixital que se ofertan ao tecido empresarial. Para iso, destinaranse 7 millóns de euros neste 2020, co fin de apoiar as iniciativas: Fábricas do futuro, liderada polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia e centrada na Internet das cousas e a intelixencia artificial; e Datalife, liderada polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida e que pon o foco no manexo de grandes cantidades de información (big data).
Por outra banda, e entre os programas xa existentes, Feijóo destacou a posta en marcha da cuarta convocatoria dos Proxectos Industria 4.0, cun orzamento de máis de 4 millóns de euros, para impulsar iniciativas que permitan seguir avanzando no desenvolvemento da fábrica intelixente e conectada en sectores estratéxicos da economía.
E, co obxectivo de que as empresas conten co asesoramento axeitado á hora de desenvolver os seus proxectos de mellora, poñerase en marcha tamén unha nova edición do programa ReAcciona. Unha iniciativa que, dotada con 3,4 millóns de euros, ofrecerá servizos centrados en eidos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a innovación e a adopción de solucións de dixitalización.
No que atinxe ao mantemento e creación de emprego as PEME galegas que desenvolvan proxectos de investimento neste eido contarán cun programa de apoios do IGAPE dotado con 9 millóns de euros e cuxa axuda poderá chegar ata o 30% dos investimentos subvencionables.
Outras das iniciativas que se activarán nas próximas semanas será unha nova edición do programa Innova PEME, a través do cal se levan a cabo actividades integradas en plans de innovación a desenvolver polas pequenas e medianas empresas, cun investimento neste caso de 2,7 millóns de euros, con axudas de entre 40.000 e 100.000 euros.
Para impulsar a innovación empresarial poranse en marcha dúas novas convocatorias: para consolidar as Unidades Mixtas de Investigación xa existentes (2 millóns de euros); e, para impulsar a creación de novos proxectos deste tipo (3 millóns de euros). Ademais da activación dunha nova edición das axudas para equipamentos de centros tecnolóxicos e de apoio ao coñecemento, dotada con 5 millóns de euros.
20200109_feijoo_02.jpgPor último, a industria forestal contará un ano máis con programas específicos, por valor de 12,4 millóns de euros. Así, poñerase en marcha unha orde de axudas dotada con 10,4 millóns de euros, para realizar investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais; e activarase un programa por 2 millóns de euros, destinado ás empresas da segunda transformación da madeira e o sector contract.
O presidente concluíu resumindo que «en definitiva, impulsamos desde o comezo do ano unha Galicia máis innovadora e unha Galicia que terá máis emprego; e un Galicia máis innovadora e con máis emprego é unha Galicia que terá máis emprego de calidade. E como veñen curvas no ámbito económico, queremos desde o primeiro instante poñer os recursos dos Orzamentos de 2020 a disposición do tecido económico e empresarial de Galicia».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?