Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arranca XuvenCiencia 2020 cunha xornada de formación de profesorado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arranca XuvenCiencia 2020 cunha xornada de formación de profesorado

Redacción
Publicado: 09/01/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xuvenciencia-2.jpgO proxecto XuvenCiencia. Fago, logo aprendo, promovido polo grupo de innovación docente homónimo da USC, comeza este venres 10 a súa andaina coa sesión inaugural da cuarta Xornada para profesorado, que levará a ducias de docentes de ensino medio de toda Galicia (no Campus de Lugo) formación específica sobre proxectos de experimentación e innovación científica. A idea é dotalos de coñecementos que logo poidan trasladar ás aulas dos seus institutos e colexios para, en palabras de XuvenCiencia, “espertar vocacións científicas e tecnolóxicas entre a mocidade”.
Segundo informa a comunidade investigadora que impulsa a iniciativa de divulgación, XuvenCiencia artéllase no curso académico 2019/2010 a partir de seis kits de investigación, que se mergullan na rastrexabilidade alimentaria a través de probas de ADN (DNA-Meat); miden a cantidade de proteína do leite a partir dun fotómetro móbil especialmente deseñado no campus de Lugo polo grupo XuvenCiencia (Fotometrix); pescudan todas as posibilidades da luz (Photonics Explorer); inícianse no cultivo de plantas in vitro (Vitroplant); rastrexan os efectos do cambio climático nas concas hidrográficas (AquaLab); e propoñen unha introdución ao diagnóstico veterinario (Animal CSI).
A sesión de apertura desta xornada XuvenCiencia para profesorado será este venres ás 17.00 horas na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria e contará coa participación de Montserrat Valcárcel, vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, e Mercedes Novo, coordinadora de XuvenCiencia, un grupo multidisciplinar do Campus Terra no que participa profesorado das facultades de Ciencias e Veterinaria e da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría ligado ás áreas de Química Física, Patoloxía Animal, Ciencias Clínicas Veterinarias, Xenética, Enxeñaría Agroforestal, Bioquímica ou Produción Vexetal.
Durante a sesión de mañá, docentes de Secundaria recibirán os kits XuvenCiencia e participarán en obradoiros prácticos para iniciarse no deseño de proxectos. As actividades continuarán o sábado, en horario de mañá e tarde na Facultade de Veterinaria e na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, onde proseguirá un traballo eminentemente práctico dirixido por profesorado do Campus lugués.
O proxecto, obxectivos
O proxecto XuvenCiencia incide nalgunhas das destrezas de levar a aprendizaxe científica e tecnolóxica da aula aos casos prácticos do día a día que máis se teñen en conta en avaliacións de calidade internacional como o informe PISA da OCDE. Como mostra da súa excelencia, a iniciativa desenvolvida dende o Campus Terra recibe un curso máis o apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), logo de ser valorado como o cuarto mellor proxecto dos máis de 250 de toda España presentados na categoría de Creatividade e vocacións científicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?