Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregados os premios da campaña para impulsar as vendas online do comercio lucense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregados os premios da campaña para impulsar as vendas online do comercio lucense

Redacción
Publicado: 09/01/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sorteo_campana_nadal.jpgA sede da Deputación de Lugo no Pazo de San Marcos acolleu este xoves 9 de decembro o sorte dos premios da campaña Neste Nadal o comercio local, tamén dixital, unha iniciativa impulsada os pasados días festivos pola Federación Galega de Comercio con apoio económico (de 32.000 euros) da Deputación de Lugo. A campaña tivo o obxectivo de “fomentar as vendas no comercio de proximidade da provincia e reivindicar este sector como un motor fundamental da súa economía”. No sorteo de hoxe participaron (entre outros) o presidente da Federación, José María Seijas, o presidente da institución provincial, José Tomé Roca, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
No acto fíxose fincapé na elevada participación conseguida (rexistráronse 34.440 tíckets, o que supuxo un aumento do 3% con respecto ano anterior) e o relevante número de establecementos e concellos implicados (as compras rexistráronse en 5.500 comercios de 40 localidades de toda a provincia). No sorteo repartíronse un total de 10.000 euros distribuídos en 40 tarxetas prepago de 300 e 200 euros.
A campaña
A campaña presentouse a comezos de decembro na sede da Deputación de Lugo. Deuse a coñecer como “unha estratexia novamente ligada ás redes sociais e cun forte compoñente tecnolóxico (anímase á participación integral da cidadanía a través dos seus móbiles e tabletas, seguindo o ronsel de éxito das anteriores edicións).
Na presentación, Tomé reivindicou os establecementos de proximidade por ser “un motor importante da economía da provincia”, en tanto que xeran máis de 20.000 empregos e representan en torno ao 13% do Produto Interior Bruto (PIB). Tamén salientou a vontade do sector por transformarse e aproveitar ao máximo as novas tecnoloxías para achegarse á cidadanía, renovarse e facerse máis rendible e competitivo.
A campaña foi dirixida aos consumidores co fin de fomentar o pequeno comercio a través da venta presencial e online.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?