Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O satélite LUME-1 da UVigo supera con éxito un ano de probas no espazo para loitar contra os lumes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O satélite LUME-1 da UVigo supera con éxito un ano de probas no espazo para loitar contra os lumes

Redacción
Publicado: 10/01/2020
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

uvigo_lume.jpgO 27 de decembro de 2018 a Universidade de Vigo lanzaba ao espazo o satélite LUME-1, a finalidade era probar a súa eficacia na loita contra os lumes forestais, ao abeiro do proxecto FIRE-RS. Logo de algo máis dun ano no espazo, o cuarto satélite desenvolvido pola UVigo supera xa as 5.700 órbitas á Terra, sen detectar ningún problema no seu funcionamento.
Os responsables da operación LUME-1 son José Miguel Lago e Alberto González, actualmente en Alén Space, amais de Fernando Aguado, docente, investigador e responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, quen sinalou que “o satélite supuxo un paso moi importante no desenvolvemento do sistema electrónico que se incorporou. O sistema de comunicacións TOTEM é un totalmente novo e incorpora toda a experiencia das misións anteriores, pero está baseado no paradigma denominado SDR (Software Defined Radio), ou radio definida por software, que permite actualizar completamente o sistema de comunicacións abordo durante a misión”. Asemade, Aguado salientou que grazas á cooperación acadada coa comunidade de radioafeccionados, xurdía tres meses despois do lanzamento do LUME-1 unha aplicación nova, que se puido probar con éxito no satélite. Así, o sistema de comunicacións TOTEM é un dos elementos que a UVigo transferiu á spin-off Alén Space para a súa comercialización. “Así mesmo, cómpre destacar como outro dos aspectos fundamentais deste proxecto a formación de profesionais e moitos investigadores, que participaron na misión e en anteriores e que actualmente forman parte de Alén e que creo que é un aspecto moi importante que hai que sinalar como un éxito da UVigo”, sinala Aguado.
Despois do seu lanzamento a bordo dunha nave Soyuz desde a base rusa de Vostochny en Siberia e a súa posterior posta en órbita, os dous primeiros meses de operacións de LUME-1 (ata finais de xuño de 2019) estiveron centrados na posta en marcha do satélite, fase denominada LEOP (Launch and Early Operations), continuando coa fase de Comissioning, que abrangue a comprobación de que tanto a plataforma, como a carga útil de comunicacións, funcionaban correctamente de acordo ao deseñado en terra. As ditas probas programadas dentro de FIRE-RS incluíron dúas demostracións en Vigo e Porto, a primeira centrouse en validar a comunicación entre os sensores de terra e o centro de control a través da retransmisión da información a través do satélite. Na segunda, en Porto, púidose comprobar como unha vez detectado o lume forestal xerábanse plans automáticos de voo dos drons que permitían validar nun lume sintético a fronte, segundo informacións de Aguado.
uvigo_lume3.jpgA partir dese intre o proceso segue adiante con tarefas de seguimento rutinario do satélite, algunhas probas cun servizo de radioafeccionados (digipeater), desenvolvendo probas pasivas de recepción de comunicacións en banda L e de monitorización do espectro para caracterizar as interferencias na banda de radioafeccionados de UHF.
Ollando cara adiante, o devir do FIRE-RS non é moi prometedor, en verbas de Aguado: “desgraciadamente, aínda que pasamos o primeiro corte, non nos concederon o proxecto no programa SUDOE na solicitude de prórroga, que estaba centrada en desenvolver un vehículo autónomo terrestre que dése soporte ás forzas de loita contra os incendios”. “En calquera caso, a electrónica empregada foi voada noutras misións, que en moitos casos duraron dous ou tres anos, ou mesmo máis, polo que é posible que poidamos ter LUME-1 operativo durante bastantes meses máis”, explica o responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo.
Facendo un resumo: trece anos e catro satélites despois de comezar a súa andaina, a Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo fai un balance “moi positivo e tremendamente intenso”, subliñando o apoio e participación do profesorado da EE de Telecomunicación, integrado no centro atlanTTic, da ES de Enxeñaría Informática e de Enxeñaría Industrial. “Un balance que inclúe desenvolver con éxito catro satélites na Universidade, a formación de 80 enxeñeiras e enxeñeiros, que están a traballar como recoñecidos profesionais no mundo e apoiar a creación da spin-off Alén Space, é algo que sinceramente, non nolo creríamos cando comezamos hai trece anos”, reflexiona Fernando Aguado.
Arestora, a Agrupación Aeroespacial ten entre mans o proxecto WipTherm, que cunha duración de tres anos, desenvolverá un sistema de alimentación sen fíos a través dun láser pulsado, para misións de cubesats de espazo profundo. “Así mesmo, tamén queremos apoiar novas iniciativas formativas e educativas para o alumando da Universidade, para que se formen novos estudantes e investigadores e así contribuír ao desenvolvemento do sector espacial galego, nacional e internacional”, engade Fernando Aguado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?