Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ICOIIG premia o deseño dunha cabeza de robot dun estudante da EPS de Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ICOIIG premia o deseño dunha cabeza de robot dun estudante da EPS de Ferrol

Redacción
Publicado: 13/01/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O estudante do Programa de Doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial, Martín Naya, o exalumno do Mestrado en Enxeñaría Industrial galardoado, Francisco Javier Rodríguez García, e o profesor Fran Bellas.
O estudante do Programa de Doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial, Martín Naya, o exalumno do Mestrado en Enxeñaría Industrial galardoado, Francisco Javier Rodríguez García, e o profesor Fran Bellas.
Co remate de 2019, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) premiou o Traballo Fin de Mestrado (TFM) de Francisco Javier Rodríguez García, ex-alumno do Mestrado en Enxeñaría Industrial que se imparte na Escola Politécnica Superior do Campus de Ferrol. O TFM, titulado Deseño e realización da cabeza dun robot humanoide por impresión 3D e titorizado polo profesor Fran Bellas e mais polo estudante do Programa de Doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial, Martín Naya, acadou o galardón Distincións a proxectos de Fin de Carreira na modalidade de Introdución á investigación e un premio de 800 euros.
O galardón está dirixido aos autores dos Proxectos Fin de Carreira dos graos en Enxeñería Industrial ou dos mestrados en Enxeñaría Industrial que se imparten na Escola Politécnica Superior da Universidade da Coruña (UDC), na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo (Uvigo) e mais na Delegación de Galicia da UNED. Cada un dos centros opta a dous premios, un na modalidade de Proxecto Tradicional e outro na de Introdución á investigación.
O traballo galardoado
O TFM de Francisco Javier Rodríguez implicou o deseño e fabricación dunha nova cabeza para o robot humanoide chamado Poppy humanoid. Esta nova cabeza realizouse co obxectivo de aumentar as capacidades sensóricas e de actuación con respecto á cabeza orixinal, mediante a incorporación de novos elementos electrónicos. Ademais, dotouse dunha feitura amigable co fin de facilitar a interacción cos seres humanos. O Poppy inclúe un ordenador de placa reducida e unha placa microcontroladora para o control dos sensores, amais dun protocolo de comunicación cuxa finalidade é a de permitir a monitoraxe dos novos dispositivos agregados mediante a librería de control xa existente do robot.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?