Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC da UDC recibe da Xunta unha axuda de 2,21 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC da UDC recibe da Xunta unha axuda de 2,21 millóns de euros

Redacción
Publicado: 16/01/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_udc_fachada-2.jpgO Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña recibiu unha axuda de 2,21 millóns de euros destinadas aos vindeiros tres exercicios, por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, co-financiada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Segundo explican fontes do CITIC, a contía concedida implica unha suba do 24 % con respecto ao período anterior (decembro 2016 – novembro 2019). Estas axudas están destinadas á “consolidación das unidades de investigación do Sistema Universitario Galego que destacan pola súa traxectoria científica, a excelencia dos seus resultados, a capacidade para desenvolver e atraer talento investigador, a competencia en transferencia da tecnoloxía e a xeración de impacto social, así como un axeitado enfoque estratéxico e un modelo de goberno flexible e responsable”.
O centro coruñés salienta que dos oito centros acreditados no Sistema Universitario Galego, o CITIC é “o único centro da Universidade da Coruña en ser recoñecido con esta axuda”.
Por certo que durante os próximos tres anos (decembro 2019 – 2022), o CITIC pasará a denominarse “Centro de Investigación de Galicia”, no canto da anterior denominación como “Centro Singular de Investigación de Galicia”.
Volvendo á dita concesión, supón “un recoñecemento ao traballo de fronteira que se realiza no centro e a excelencia no coñecemento xerado no ámbito das TIC, que pon en valor as nosas capacidades e que nos permitirá ser más ambiciosos en canto os nosos obxectivos e proxectos”, en palabras do director do centro, Manuel F. González Penedo. O director do CITIC tamén indica que unha parte importante da axuda obtida destinarase á “captación e retención de talento excelente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?