Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia vaise a FITUR cun percorrido sensorial inmersivo para recrear o Camiño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia vaise a FITUR cun percorrido sensorial inmersivo para recrear o Camiño

Redacción
Publicado: 17/01/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fitur.jpgA feira de turismo FITUR (edición 40) que se celebra en Madrid do 22 ao 26 da xaneira servirá de palestra a un creativo e innovador xeito de coñecer (no plano tecnolóxico) Galicia antes de coñecela (no plano real). Estamos a falar da participación na feira da Consellería de Cultura e Turismo e a Axencia Turismo de Galicia, que achegarán aos asistentes a posibilidade de recrear o Camiño de Santiago cun percorrido sensorial inmersivo. Isto será posible no stand centrado no Xacobeo 21.
Avanzárono na mañá deste venres 17 o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, durante a presentación da programación de Galicia neste certame.
En concreto, o expositor da nosa Comunidade terá unha superficie de 967 metros cadrados e estará centrado nas particulares de Galicia como destino turístico, en especial, no Camiño de Santiago na antesala do Xacobeo 21. Como dixemos, entre as novidades salienta a presenza dun túnel do Camiño deseñado para “trasladar os valores culturais e emocionais da Ruta Xacobea a través de sons, imaxes ou vídeos”. O stand tamén disporá dun mapa interactivo cos dez itinerarios e un probador virtual con vestimentas e complementos propios dos peregrinos.
“Estes recursos recrearán algúns momentos icónicos da peregrinación a Santiago, como a chegada á praza do Obradoiro”, explicaron Rodríguez e Castro, engadindo que “tamén estarán presentes elementos emblemáticos da cultura galega, como o pano propio do traxe tradicional galego, que viste parte do stand a modo de fío condutor, ou a icónica cuncha de vieira en diferentes formatos, tratamentos e posicións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?