Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O SdeA da Deputación de Lugo e o Interlucus reafírmanse como factorías de talentos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O SdeA da Deputación de Lugo e o Interlucus reafírmanse como factorías de talentos

Redacción
Publicado: 17/01/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_lugo_lucus_intercentros.jpgO Servizo de Audiovisuais da Deputación (a antiga Fundación TIC) emitiu en directo a través da rede social Youtube o concurso Lucus Intercentros celebrado este venres no IES Muralla Romana. Na experiencia oficiaron de creadoras/es de contidos unha ducia de alumnas e alumnos do Centro de Formación do SdeA, pertencente á Deputación de Lugo, que contaron coa supervisión de docentes e técnicos do SdeA. O alumnado encargouse de realizar o streaming do evento, no que competiron estudantes de primeiro de Bacharelato dos sete institutos da capital lucense.
Na cita (a novena edición do dito certame) participou tamén o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera. O concurso saldouse co equipo do IES Sanxillao proclamándose gañador. O segundo posto foi para o IES Leiras Pulpeiro tras unha disputada final. En terceiro lugar quedou o IES Lucus Augusti e o IES Xoán Montes foi cuarto. Repartíronse tabletas, pulseiras de actividade e altofalantes bluetooth.
Prácticas en escenarios reais
Na realización do streaming os alumnos e alumnas do SdeA empregaron catro cámaras e todo o material preciso para a transmisión do evento a través de Internet. Segundo informaron fontes da Deputación e do Servizo de Audiovisuais, os estudantes rotaron polos distintos postos, desde realizador e mesturador de vídeo e son, ata operador de cámara, co obxectivo de aproveitar ao máximo esta práctica formativa.
A entidade provincial tamén destacou a vertente de formación avanzada e aplicada que puxo en xogo a experiencia, xa que serviu de actividade profesional práctica para os estudantes de Administración e Xestión do Muralla Romana. O concurso consiste nunha rolda de preguntas e respostas sobre contidos propios de 1º de BAC, no que compiten equipos formados por tres alumnos (hai dez bloques sobre distintas materias, que van desde a actualidade económica, política e social, ata a arte o deporte ou a xeografía). Ademais do SdeA tamén colaboraron o CIFP Politécnico e a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?