Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra o comercio electrónico en Galicia en todos os tramos empresariais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra o comercio electrónico en Galicia en todos os tramos empresariais

Redacción
Publicado: 20/01/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

working_online_traballando_online_computador-2.jpgEstes días presentouse un novo informe autonómico que bota luz sobre o noso nivel de actividade en materia de comercio electrónico: uso, nivel de espallamento por sectores e por tamaño das empresas, situación comparativa, etc. A investigación, feita polo observatorio OSIMGA (da axencia AMTEGA) analiza a transformación dixital das empresas galegas, un total de 200.972, nas que o 96,3% son microempresas (ou sexa, de 0 a 9 traballadores). Segundo se fai saber na investigación, o ecommerce medrou en Galicia no último ano “en todos os tramos empresariais”.
De feito, tanto as firmas de máis de 10 traballadores como as de menos tiveron un nivel de actividade comercial en Internet por riba da media estatal. Amais, explícase no informe, “tamén no uso das redes sociais o tecido empresarial galego supera a media do conxunto do Estado”.
Comercio electrónico e presenza en Internet
A investigación fai saber que en 2019 o 22,9% das empresas de 10 ou máis traballadores da Comunidade venderon na Rede, 4,7 puntos máis que o ano anterior e 2,5 puntos por riba da media estatal.
Asemade, increméntanse as compras das empresas a través de Internet ao longo do último ano, cunha suba no caso das empresas de 10 ou máis empregados de 8,4 puntos.
O informe tamén guinda un dato moi interesante sobre os espazos web das nosas firmas: en 2019 aumentou tamén a presenza de páxina web nas empresas de 10 ou máis asalariados, do 77,1% ao 81,6%, superando ademais ao datos de empresas españolas que posúen web empresarial (78,2%).
En canto ás redes sociais máis do 98% das microempresas e máis do 96% da empresas galegas empregan algunha rede sociais, en ambos casos por riba da media estatal.
Gasto en TIC
A investigación do OSIMGA tamén achega información sobre o que deriva o noso tecido produtivo a costear a súa transformación dixital: o gasto total en TIC das empresas galegas acadou os 408 millóns de euros, o que implica un incremento de 44 millóns, especialmente no referente a servizos e consultas relacionadas coas TIC, seguido do gasto en software e do investimento en bens TIC.
Aumento da banda larga móbil e da velocidade de conexión
Ao longo do ano que vimos de deixar atrás, a banda larga móbil experimentou “un medre significativo”, sinala o OSIMGA, que estende este proceso a “todas as empresas galegas”, pero especialmente ás de 0 a 9 empregados, onde aumentou 5 puntos porcentuais (chegando ao 77,2%). Nas de máis persoal supérase o dato nacional nas empresas que teñen 10 ou máis traballadores/as con sede ou actividade en Galicia, con un 86,7% das galegas fronte a un indicador da banda larga móbil en España do 84,1%. As velocidades de acceso á Internet de 100 Mbps ou superiores aumentaron 12,8 puntos porcentuais entre as microempresas (28,1%), e 12,4 puntos nas empresas de 10 ou máis traballadores / as (45,1%).
Big Data e formación
O informe do observatorio tamén confirma que durante o último ano o uso de tecnoloxías de análise de datos a gran escala (Big Data) nas empresas galegas de 10 ou máis empregados (10,3%), “foi superior ao das empresas españolas (8,3%)”. Amais, un 75,8% das microempresas emprega software libre para esta análise de información masiva.
Xestións coas administracións
A interacción das empresas galegas coas Administracións Públicas a través de Internet durante o último ano, supera, á marxe do tamaño da empresa, aos datos a nivel estatal. “No 2019”, sinálase na investigación, “incrementáronse as medidas de seguridade TIC utilizadas nas empresas, cun crecemento de 9,9 puntos nas de 0 a 9 traballadores e de 7,9 puntos nas empresas de 10 ou máis asalariados / as con sede ou actividade en Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?