Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha liña de axudas mobilizará 5,5 millóns de euros para a transformación dixital de 112 PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha liña de axudas mobilizará 5,5 millóns de euros para a transformación dixital de 112 PEME

Redacción
Publicado: 20/01/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computadora_escribindo-2.jpgA Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da concesión de axudas para impulsar a transformación dixital de 112 PEME que mobilizarán investimentos por valor de 5,5 millóns de euros. Esta convocatoria achegará 2,2 millóns de euros a apoiar a modernización e mellora da competitividade do tecido industrial galego, con financiamento que pode acadar o 30% no caso dos investimentos das pequenas empresas e o 20% para as medianas.
Para lograr ese obxectivo esta iniciativa impulsa a interconexión dixital entre empresas vinculadas pola súa actividade e a dixitalización dos seus procesos produtivos. Ademais de apoiar a adquisición de equipos e software, as axudas facilitan as colaboracións necesarias para a súa implementación, financiando proxectos colectivos de agrupacións, PEME e iniciativas promovidas a nivel individual.
Entre os apoiados nesta edición do programa cofinanciado polo IGAPE e o FEDER están iniciativas como a posta en marcha dunha plataforma vitivinícola integrada, sistemas de dixitalización da seguridade industrial e de información para a transformación integral de procesos industriais, ou a aplicación da business intelligence na xestión integral destes procesos.
Este programa inclúe un instrumento de apoio dobre: por unha parte, o tecido asociativo galego pode organizar cursos para a xeración de proxectos de dixitalización realizados colectivamente, que son financiados ao 100%. Por outra, concédense axudas a empresas para investimentos no eido dixital. A través das dúas convocatorias publicadas en 2019, este programa de impulso á dixitalización vén de apoiar un total de 244 proxectos empresariais con axudas que acadaron 8,4 millóns de euros, que están a mobilizar investimentos por valor de preto de 11,2 millóns de euros.
Co mesmo obxectivo de impulsar a transformación dixital do tecido empresarial galego e a Industria 4.0, a Xunta activará nas próximas semanas programas de apoio por preto de 67 millóns de euros, dos que se poderán beneficiar tanto as empresas como os centros tecnolóxicos. Estas convocatorias, que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG) ao longo deste primeiro trimestre e aos que se lles sumarán diferentes iniciativas durante todo o ano, enmárcanse na Axenda Industria 4.0 e na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, as follas de ruta coas que se impulsa a innovación e a competitividade do tecido empresarial galego co obxectivo de crear emprego de calidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?