Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Crean na UVigo unha ferramenta informática que facilita a diagnose de electrocardiogramas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Crean na UVigo unha ferramenta informática que facilita a diagnose de electrocardiogramas

Redacción
Publicado: 21/01/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O investigador e profesor Víctor Mondelo, responsable do sistema
O investigador e profesor Víctor Mondelo, responsable do sistema
A Universidade de Vigo deu a coñecer detalles sobre unha ferramenta informática creada no seo do Campus de Ourense: o sistema ECGDT, creado para facilitar a diagnose dos electrocardiogramas, dando un máis que relevante apoio ao persoal sanitario no seu quefacer diario e á hora de tomar decisións. O responsable do seu desenvolvemento é Víctor Mondelo, enxeñeiro informático e profesor da UVigo, quen salienta o carácter sinxelo e intuitivo da ferramenta, que xa está ao dispor da comunidade científica en aberto.
A súa orixe está na necesidade de encarar dende o punto de vista funcional e informático o importante crecemento das doenzas cardiovasculares, que son a principal causa de morte a nivel mundial, especialmente nos países desenvolvidos.
A creación da ferramenta contou coa colaboración de membros do Grupo Lia2 da Universidade de Vigo, ao que pertence o seu autor, e foi realizada no marco da tese de doutoramento de Víctor Mondelo, presentada este curso académico na Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense co título Sistema de Apoio á Diagnose de Electrocardiogramas, dirixida por María José Lado e Arturo José Méndez.
“Considerando a elevada incidencia das enfermidades cardiovasculares, a relativa sinxeleza coa que un electrocardiograma permite obter gran cantidade de información sobre o funcionamento do corazón, e tendo en conta que hoxe existen varios sistemas de monitoraxe de electrocardiogramas pero menos alternativas de diagnose”, apunta o investigador, “pareceunos interesante desenvolver un sistema de apoio á diagnose de electrocardiogramas como ECGDT”. Estes sistemas, detalla, poden emitir “unha diagnose que despois ten que ser supervisada e validada polo persoal sanitario”.
ECGDT é unha ferramenta estruturada, de forma que calquera usuario con coñecementos en análise e diagnose de electrocardiogramas pode empregala, con indepencia do nivel de coñecementos informáticos dos que dispoña. Así, indica Víctor Mondelo, ECGDT conta cunha interface “amigable e intuitiva, de doado manexo e coas funcionalidades necesarias en cada momento sempre a man”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?