Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP formará aos responsables das oficinas de xuventude en ecommerce, consumo e publicidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP formará aos responsables das oficinas de xuventude en ecommerce, consumo e publicidade

Redacción
Publicado: 22/01/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ecommerce-12.jpgOs responsables das oficinas de xuventude (OMIX e demais) dos concellos van ter ao seu alcance, este tempada, unha serie de actividades de divulgación sobre os mellores xeitos de tirar partido das tecnoloxías, recursos de gran utilidade (para a formación, para a comunicación, para a empregabilidade) sempre e cando sexan empregados seguindo unhas pautas sobre en que portas petar, de que xeito e durante canto tempo. As actividades en cuestión veñen da man da Escola Galega de Administración Pública e consisten en cursos para o persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos Espazos Xoves e das OMIX e OMIC.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 18 e o 25 de xaneiro de 2020. As solicitudes de participación nas actividades formativas, que se desenvolverán a distancia (teleformación), só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible na web da EGAP.
Os cursos son os seguintes: Resolución de conflitos de consumo. A tramitación das súas reclamacións (búscase favorecer o coñecemento sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras e usuarias e aprender a presentar unha reclamación en materia de consumo, así como coñecer os pasos a seguir antes, durante e despois de presentar unha reclamación; desenvolverase en modalidade de teleformación entre o 11 de febreiro ao 10 de marzo de 2020), Comercio electrónico (trátase de achegar información básica sobre consumo e seguridade na Rede, botando luz sobre os dereitos das persoas consumidoras nunha relación de consumo, complementándoos cos dereitos e garantías específicas no comercio electrónico; celebrarase a distancia entre o 8 de setembro ao 13 de outubro de 2020), Consumo e finanzas (celebrarase entre o 28 de abril e o 2 de xuño e, ao seu abeiro, analizaranse os produtos e os servizos financeiros desde unha perspectiva de consumo, dando a coñecer os distintos tipos de financiamento e cales son os aspectos legais que debe cumprir cada un deles), Consumo e publicidade (fornecerase aos asistentes de coñecementos básicos sobre publicidade, avaliando os distintos elementos que empregan as mensaxes publicitarias, está previsto que comece o 28 de abril, tamén en modalidade de teleformación), Consumo e xénero (búscase promover a reflexión arredor do consumo e o xénero filtrado polo papel crucial da educación, comezará o 20 de outubro e rematará o 14 de novembro).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?