Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo acode a FITUR poñendo o foco na gastronomía, a riqueza natural e as tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo acode a FITUR poñendo o foco na gastronomía, a riqueza natural e as tecnoloxías

Redacción
Publicado: 23/01/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_lugo_fitur-2.jpgA Deputación de Lugo atópase a pleno rendemento na feira madrileña FITUR, referente do turismo estatal e internacional. Ao salón acudiron o presidente da institución, José Tomé, e a deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, que participaron este mércores na presentación da nova entrega (a número 13) da guía turístico gastronómica E para comer Lugo, elaborada pola Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL). No acto, Tomé lembrou que é fundamental “o traballo en común” entre administracións e sector “para aproveitar todo o potencial turístico da nosa provincia e crear así riqueza e emprego”. E engadiu: “Só cunha mesma directriz, actuando con unidade de acción, poderemos potenciar unha industria tan competitiva”. Amais da guía e outros servizos e recursos, a Deputación de Lugo está a mostrar en FITUR os detalles das súas tecnoloxías turísticas.
A presenza activa no acto de presentación de E para Comer Lugo formou parte da completa axenda que mantiveron este mércores 22 de xaneiro en FITUR o presidente e a deputada de Turismo, que incluíu a asistencia a outras citas, como a presentación da Rede Galega de Reservas da Biosfera, da que forma parte a Deputación como xestora das reservas de Terras do Miño e Ancares; e a da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, na que o organismo provincial xoga un papel fundamental dende que no 2011 impulsou unha campaña institucional e social en favor do recoñecemento deste enclave como Ben Mundial pola UNESCO.
Así mesmo, José Tomé e Pilar García Porto asistiron á presentación Camiño ao Xacobeo 2021, no marco da súa aposta por que a provincia teña un papel central de cara ao vindeiro Ano Santo e poida aproveitar todo o potencial que representa o turismo vinculado ás rutas xacobeas, con máis de 800 quilómetros ao longo de todo o territorio lucense.
Tamén estiveron tamén presentes na presentación da campaña de promoción turística en FITUR da Deputación da Coruña e na da Semana Verde, ademais de manter ao longo desta primeira xornada na Feira Internacional de Turismo diversos contactos con representantes de empresas e medios de comunicación vinculados coa actividade turística.
Aplicacións
Como dixemos, a institución provincial centra este ano a súa presencia en FITUR no impulso do turismo a través das novas tecnoloxías. Este xoves, ás 11.30 horas, no stand de Galicia, o presidente presentará dúas novas aplicacións gratuítas para dispositivos móbiles, que buscan atraer máis visitantes e mellorar a súa experiencia de viaxe na provincia.
A posta en longo das apps estará moderada polo recoñecido meteorólogo lucense Martín Barreiro, embaixador da provincia para o desenvolvemento de accións de promoción e consolidación da marca turística Lugo Cambia. Tamén participarán as alcaldesas de Lugo, Lara Méndez, e Viveiro, María Loureiro, e a primeira tenente de alcalde de Monforte de Lemos, Gloria Prada.
A deputada de Turismo avanzounos que o obxectivo da campaña Lugo, ¡ven!, integrada na marca Lugo Cambia, é mellorar a experiencia do visitante: “Queremos que quen recale na provincia de Lugo garde un recordo agradable da súa estadía, que a viva intensamente e planifique a súa viaxe do mellor xeito posible”.
Co obxectivo de lograr o devandito, a Deputación presentará a aplicación móbil de balde Inventrip, que inclúe información sobre uns 2.500 puntos de interese, incluídos elementos do patrimonio cultural e natural, rutas, artesáns, bodegas, empresas de turismo activo, restaurantes e establecementos turísticos. “Un conxunto de información que permite ao visitante trazar unha ruta para chegar aos lugares que máis lle interesan ou poder descubrir os recursos que están máis preto da súa posición”, explicou a entidade provincial.
A outra ferramenta tecnolóxica que a Deputación presentará en FITUR é Lugo 360, unha aplicación tamén de balde, que a través das técnicas máis avanzadas de Realidade Aumentada permitirá facer unha viaxe a 25 localizacións da provincia a través de calquera dispositivo móbil. Esta ferramenta achega aos usuarios unha contorna virtual que lles permite visitar de xeito envolvente e innovador calquera dos catro xeodestinos da provincia de Lugo (Ancares-Courel, A Mariña, Lugo-Terra Chá e Ribeira Sacra), co “fin de motivalos a que fagan unha visita real”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?