Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bahía Software participa nun proxecto internacional para a creación dun mapa celular do útero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bahía Software participa nun proxecto internacional para a creación dun mapa celular do útero

Redacción
Publicado: 23/01/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

huter_xaneiro.jpgA compañía galega Bahía Software forma parte do consorcio internacional HUTER, que ten como obxectivo a creación dun mapa celular do útero humano para comprender, célula a célula, todas as relacións e cambios xenéticos e proteómicos, incluíndo información espacial, involucrados neste importante órgano. HUTER é un dos 6 proxectos piloto da iniciativa global Human Cell Atlas, cuxo fin é o desenvolvemento dun mapa celular completo de todo o corpo humano, grazas á innovación e as novas tecnoloxías.

Un proxecto internacional de investigación celular

Bahía Software é a única empresa galega presente no proxecto HUTER, que conta co apoio da Comisión Europea e enmárcase nunha iniciativa global que involucra a máis de 70 países e preto de 1.000 organizacións. Esta iniciativa persegue o desenvolvemento dun mapa celular completo de todo o corpo humano que sirva de guía aos investigadores e clínicos nas súas investigacións en campos de máximo interese como o cancro ou a medicina reprodutiva. Así, o proxecto HUTER centrarase na creación dun mapa celular do útero.
Trátase dun traballo multidisciplinar e coordinado internacionalmente que involucra a varios expertos e que xera grandes volumes de información, frecuentemente en forma de imaxes extremadamente complexas. O traballo de Bahía Software consistirá, concretamente, na construción da infraestrutura tecnolóxica necesaria para garantir un intercambio áxil e seguro dos datos que xerará o equipo de investigación de HUTER. Ao mesmo tempo, a tecnolóxica galega explorará algoritmos de conversión para que boa parte da información xerada poida ser compatible coas bases de datos e formatos máis habituais no sector médico.
O proxecto HUTER (coordinado polo Instituto de Investigación Sanitaria INCLIVA e o Wellcome Sanger Institute) comezou en Valencia o pasado 8 de xaneiro. Ademais de Bahía Software, participan tamén a institución de referencia internacional no mapeo de proteínas, Uppsala University (Suecia); o grupo de epixenética da University of East Anglia (UK), e o Competence Centre on Health Technologies (Estonia), como especialista en tecnoloxías para a medicina reprodutiva e fetal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?