Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José Tomé presenta Inventrip e Lugo 360 nunha feira FITUR ateigada de expertos en turismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José Tomé presenta Inventrip e Lugo 360 nunha feira FITUR ateigada de expertos en turismo

Redacción
Publicado: 23/01/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_fitur_presidente.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este xoves 23 en FITUR a campaña turística Lugo, ¡ven! destinada a mostrar globalmente os moitos atractivos dos concellos da provincia ao tempo que aposta polo turismo sustentable, innovador e excelente. No acto, Tomé Roca e García Porto tamén deron a coñecer dúas novas aplicacións para dispositivos móbiles que teñen como finalidade difundir a riqueza de Lugo e mellorar a experiencia do visitante.
A presentación, que se desenvolveu nun stand de Galicia ateigado de xente (principalmente blogueiros e xornalistas especializados no sector turístico), estivo conducida polo meteorólogo lucense Martín Barreiro, embaixador da provincia para o desenvolvemento de accións de promoción e consolidación da marca turística Lugo Cambia. Tamén participaron as alcaldesas de Lugo, Lara Méndez, e Viveiro, María Loureiro, e a primeira tenente de alcalde de Monforte de Lemos, Gloria Prada.
Segundo fixo saber o presidente, as iniciativas turísticas que está a presentar Lugo en FITUR veñen todas elas marcadas polo innovador: “O viaxeiro de hoxe é cada vez máis dixital e organiza o seu tempo libre a través do seu móbil, tableta ou ordenador”, subliñou, antes de presentar as aplicacións Inventrip e Lugo 360.
deputacion_lugo_fitur_presidente_2.jpgJosé Tomé explicou que a app gratuíta Inventrip inclúe información sobre uns 2.500 puntos de interese, entre elementos do patrimonio cultural e natural, rutas, artesáns, bodegas, empresas de turismo activo, restaurantes e establecementos turísticos. “Un conxunto de información que lle permite ao visitante trazar unha ruta para chegar aos lugares que máis lle interesan ou poder descubrir os recursos que están máis preto da súa posición”, dixo.
A outra ferramenta tecnolóxica que o presidente presentou en FITUR foi Lugo 360, unha aplicación tamén de balde, que a través da Realidade Aumentada permitirá facer unha viaxe a 25 localizacións da provincia a través de calquera dispositivo móbil. A ferramenta, unha app inmersiva, “abre unha xanela virtual que permitirá ao usuario facer unha visita a calquera dos catro xeodestinos da provincia de Lugo (Ancares-Courel, A Mariña, Lugo-Terra Chá e Ribeira Sacra), co fin de motivalo a que faga unha visita real”, explicou, engadindo que Lugo 360 e Inventrip son “dúas maneiras de acompañar aos nosos visitantes a través do seu móbil sen condicionalos, deixando que eles mesmos teñan o control sobre a súa viaxe e que esa viaxe lles achegue a realidade máis natural da provincia de Lugo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?