Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo acolle un seminario sobre o alto poder de transformación do Big Data e a Internet das Cousas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo acolle un seminario sobre o alto poder de transformación do Big Data e a Internet das Cousas

Redacción
Publicado: 24/01/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

big-data.jpgA Escola de Enxeñería Industrial da UVigo acollerá o vindeiro mércores 29 de xaneiro unha xornada organizada pola sección española de ISA (International Society of Automation). A sesión xirará arredor de cuestións tecnolóxicas candentes e de enorme potencial para solucionar boa parte das problemáticas que máis preocupación xeran na sociedade: a Internet das Cousas (IoT), a análise da información a gran escala (Big Data) ou a Intelixencia Artificial. Titulada EL IoT, los datos y la inteligencia artificial como corazón en la industria 4.0, será impartida por Juan de la Peña, enxeñeiro informático con máis de dez anos de experiencia no sector da automatización industrial en Siemens e actualmente experto en IoT e Intelixencia Artificial en Microsoft.
Tras a intervención de Juan de la Peña desenvolverase unha mesa redonda na que participarán representantes do mundo empresarial e académico xunto con Ricardo Fernández, vogal de Actividades da sección española de ISA.
A xornada desenvolverase o vindeiro mércores no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial, na sede campus, a partir das 16.00 horas. Aínda que é unha actividade de balde, a organización lembra que é preciso inscribirse por cuestións de aforo. No equipo impulsor atópase o profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática, Ignacio Armesto, quen lembraba onte que xa está confirmada a presenza de preto dun centenar de asistentes.
A xornada distribúese en dous bloques. No primeiro deles, da man do representante de Microsoft, analizarase como as novas tecnoloxías están xerando impactos no tecido industrial. Durante o relatorio analizaranse varios exemplos prácticos das distintas disciplinas para entender o potencial destas tecnoloxías. Entre outros fitos, explicarase como conectar con IoT varias plantas repartidas por todo o mundo ou como os bots van ser uns dos interfaces (HMI) do futuro.
Outro dos puntos de interese da sesión será a converxencia entre o as Tecnoloxías da Información (IT) e as Tecnoloxías da Operación (OT), así como o papel dos datos como fonte de poder para tomar decisións moito máis acertadas ou xerar novos modelos.
A segunda parte da xornada consistirá nunha mesa redonda con representantes de empresas como Pablo Parrado, de Siemens; Juan Jesús Pardo, de TecdeSoft Automation; Antía Fernández, de Gradiant; José Juan Blanco, de Ecomanagement Technology e Siemens, así como Miguel Díaz, da Escola de Enxeñaría Industrial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?