Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ADEGA lanza Cerna TV, a primeira canle galega específica de activismo ambiental
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ADEGA lanza Cerna TV, a primeira canle galega específica de activismo ambiental

Redacción
Publicado: 27/01/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cerna_tv.jpgA asociación ecoloxista ADEGA vén de estrear Cerna TV, unha canle audiovisual para “a difusión dixital de vídeos con contidos de carácter ambiental, ecoloxista ou de defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza”. Segundo explica a organización, Cerna TV sería “a primeira canle audiovisual galega destinada estritamente á difusión pública de contidos ambientais e ecoloxistas do noso territorio”.
Con esta iniciativa, ADEGA pretende ampliar e diversificar os seus medios de difusión pública, colaborar na divulgación de producións audiovisuais alleas de interese ambiental e producir contidos audiovisuais propios para as redes sociais e, tamén, para un público máis familiarizado con este tipo de soportes. A canle sería un complemento dos medios dos que xa dispón a asociación, entre os que se atopan a Revista Cerna e Radio Cerna, entre outros, todos eles accesibles na web de ADEGA.
Segundo explica ADEGA, Cerna TV conta con diversos apartados ou seccións que se establecen en función do tipo de contidos, ademais dunha pantalla principal na que se reproducen as pezas audiovisuais máis destacadas ou actuais. En todos os apartados recolleranse tanto producións propias como alleas que encadren nesta tipoloxía de contidos: Conservas Co Ecoloxismo, Eventos, Vídeo-denuncias e Documentais.
Cerna TV estréase coa primeira entrega da sección Conversas co Ecoloxismo que protagoniza o doutor en Ciencias Biolóxicas, experto en contaminación atmosférica e expresidente de ADEGA, Ramón Varela Díaz. O autor do libro Contaminación atmosférica de Galiza analiza na primeira entrevista da canle cal foi a evolución das emisións contaminantes na última década, a crise de Alcoa e outras industrias electrointensivas asentadas na nosa terra, ou, tamén, a forma na que as administracións públicas están a abordar a transición industrial cara a un futuro descarbonizado que representa o peche das térmicas galegas. Cerna TV emite esta entrevista de forma íntegra ou separada en distintos bloques temáticos.


Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?