Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mostran en Vigo os principais retos da nosa frota oceanográfica: dixitalizarse e robotizarse
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mostran en Vigo os principais retos da nosa frota oceanográfica: dixitalizarse e robotizarse

Redacción
Publicado: 27/01/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xornada_oceanograficos_cetmar_2.jpgO Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, con sede en Vigo e dependente da Consellería do Mar, acolleu estes días un evento investigador para avanzar na transformación da actividade oceanográfica europea, co fin de garantir a súa eficacia, a súa capacidade de resolución e o seu potencial de achegar datos certeiros, aplicables e concretos. No congreso fíxose saber, a xeito de resumo, que o futuro dos nosos buques pasa pola de xeito inevitable pola fórmula da dixitalización, a automatización e a robótica avanzada. A isto cómpre engadir os combustibles alternativos e as novas fontes de enerxía renovable.
Os máis de sesenta expertos participantes na xornada (procedentes da industria e de institucións académicas e de investigación), na que participou a directora xerente do CETMAR, Paloma Rueda, explicaron que nos últimos anos déronse “importantes avances en aspectos relacionados co impacto medioambiental e a xestión de grandes volumes de información”, co que “se mellorou a resposta ás directrices políticas para a conservación dos ecosistemas mariños”, pero incidiron en que os desafíos futuros requirirán dunha importante adaptación en asuntos como a formación e o emprego.
O evento veu da man do CETMAR e o European Marine Board (EMB) e abeirouse á publicación do documento A próxima xeración dos buques europeos de investigación: estado actual e evolución previsible, froito dunha colaboración entre EMB e a asociación de operadores europeos de buques de investigación (ERVO).
A xornada, que se puido seguir vía Twitter, contou coa presenza de investigadoras como Sheila Heymans (directora executiva de EMB), Lucía Fraga (da Fundación CETMAR, que presentou as tendencias e as futuras necesidades de competencias para profesionais da industria naval) ou José Ignacio Díaz (responsable do Equipamento Científico e Infraestruturas do Instituto Español de Oceanografía, quen falou das barreiras e oportunidades para frota española de buques oceanográficos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?