Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os enxeñeiros técnicos de telecomunicacións galegos reivindican o seu papel profesional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os enxeñeiros técnicos de telecomunicacións galegos reivindican o seu papel profesional

Redacción
Publicado: 27/01/2020
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

dsc06197.jpgXornadas técnicas, premios de recoñecemento, presentacións e reivindicacións, todo isto tivo lugar no I ForoTelecos Galicia, un evento ambicioso para dar a coñecer o recentemente creado Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia e arrincar así a súa actividade.
O Hotel Ciudad de Vigo foi o escenario elixido ao que acudiron enxeñeiros de toda Galicia para apoiar esta primeira acción do COETTGA, que comezaba á primeira hora da tarde con dous relatorios técnicos sobre O edificio intelixente, modo IoT, e O segundo dividendo dixital, impartidas por José Luis Fernández (Televés) e Eladio Gutiérrez (ex director de RTVE dixital). Nelas destacou a presenza de novos estudantes de Enxeñería Técnica de Telecomunicacións, moi interesados por cada unha dos relatorios e as experiencias prácticas que transmitiron.
Na primeira das charlas, D. Eladio Gutiérrez destacou a importancia de resintonizar as canles de televisión debido ao inminente segundo dividendo dixital. Porén relatou a importancia de regular o uso do espectro radioeléctrico ao tratarse dun recurso limitado e intanxible pero que no noso día a día tradúcese en Wi-Fi, 5G, TV, móbil ou servizos de emerxencias…
Doutra banda, Fernández comentou que desde Televés apostan por un modelo 4.0 que incorpora á cidade unha infraestrutura con intelixencia distribuída na que o edificio se converte nun nodo da internet das Cousas.
O resto da velada completouse cun cóctel na terraza superior do hotel e a entrega dos Premios Enxeño 2019, para finalizar cunha cea de confraternización que contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero.
dsc06186.jpgAntes da entrega dos recoñecementos a entidades e profesionais, José Manuel Martínez, decano do COETTGA, dirixiu unhas palabras para reivindicar a presenza e visibilización dos enxeñeiros técnicos en telecomunicacións naquelas esferas públicas que teñen que adaptarse á dixitalización e novas tecnoloxías, a fin de reforzar e impulsar o valor de proxectos de enxeñería técnica de telecomunicacións, fundamentais na transformación e innovación de toda a sociedade. De feito, Martínez lembrou que a creación deste colexio como demarcación do estatal, xorde da necesidade de representar a este colectivo e darlle visibilidade, así como apoiar iniciativas e proxectos relacionados coas TIC’ s e os seus profesionais.
20200124_212719.jpgO decano do COETTGA lembrou que detrás das grandes evolucións dixitais de hoxe en día, como blockchain, 5G, big data, ciberseguridad, Turismo dixital, drons ou smart cities hai profesionais das telecomunicacións, polo que, ademais de ser unha profesión con alta inserción laboral, é tamén eixo central da maioría das transformacións que está a sufrir o mundo hoxe en día.
O acto previo á cea foi aproveitado para presentar aos asistentes a iniciativa Mi.Red, Mujeres Ingenieras en Red, un proxecto de identificación e promoción do talento feminino que fomenta as capacidades, habilidades técnicas e de liderado das profesionais das telecomunicacións.

Premios Enxeño 2019

coettga_2si3559.jpgA continuación, os responsables do COETTGA fixeron entrega dos Premios Enxeño 2019, unha primeira edición de galardóns que recoñece a traxectoria de profesionais e entidades no mundo das Telecomunicacións.
Premio Enxeño 2019 á AMTEGA polo seu labor de promoción e fomento da implantación de novas tecnoloxías en todo o territorio galego.
Premio Enxeño 2019 á Zona Franca de Vigo, por ser entidade referente e potenciadora da innovación tecnolóxica no ámbito empresarial galego.
Premio Enxeño 2019 á Área de Telecomunicación do Corpo Nacional de Policía, pola utilización e aplicación das novas tecnoloxías, pola súa traxectoria, traballo, constancia e formación continuada en temáticas innovadoras e principais desenvolvedores de novas técnicas e aplicacións nas súas investigacións.
dsc06214.jpgPremio Enxeño 2019 a Televés por ser unha empresa líder no sector de equipamentos de recepción de TDT En España. Con presenza internacional en máis de 50 países e que fixo da súa parábola amarela un sinal de identidade. Constitúe un exemplo para todos os enxeñeiros de telecomunicacións.
Premio Enxeño 2019 a Marcus Fernández, webmaster e subdirector de Código Cero, pola promoción e difusión das telecomunicación e polo achegamento á sociedade das novas tecnoloxías e a interpretación dos coñecementos máis técnicos de maneira que sexan comprensibles e de utilidade para os usuarios.
dsc06275.jpgPremio Enxeño ao mellor expediente académico a Samuel Fernández Menduiña.
Premio Enxeño ao Enxeñeiro Senior Alfredo Fernández Fernández, Colexiado número 340
Premio Enxeño ao Enxeñeiro do Ano a Javier Otero Méndez, Colexiado número 7714
Pechou o acto Abel Caballero, alcalde de Vigo, nunha intervención na que recoñeceu a importancia do traballo dos enxeñeiros técnicos en telecomunicacións na cidade olívica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?