Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova edición do concurso de microrrelatos organizado pola RAG e PuntoGal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova edición do concurso de microrrelatos organizado pola RAG e PuntoGal

Redacción
Publicado: 28/01/2020
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

20200128-rag-puntogal-prensa1.jpgA Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a terceira edición do certame de microrrelatos que crearon en 2018 co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. O prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro, cadrando coa campaña de promoción de PuntoGal que permitirá rexistrar un dominio .gal para dous anos a un prezo de 15 euros máis IVE. O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o presidente e o director xeral de PuntoGal, o académico de número Manuel González e Darío Janeiro, presentaron este martes na sede da Academia a convocatoria, coa que agardan repetir e mesmo mellorar o éxito de participación das edicións anteriores.
concurso_de_microrrelatos_2020.jpgEn 2018 o concurso concedeu un primeiro premio, un segundo premio e tres terceiros. Nesta edición, ao igual cá do 2019, repartiranse nove galardóns, tres en cada unha das categorías distribuídas por idades para facilitar a participación de todo o público. Na de infantil poderán participar nenos e nenas de ata 11 anos; na de xuvenil, mozos e mozas de 12 a 17 anos; e na de adultos, calquera persoa maior de idade.
As persoas que desexen concursar deberán enviar os textos, de ata 200 palabras e en galego por correo electrónico entre os días 1 e 29 de febreiro. As persoas gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos (ordenadores, consolas, lectores electrónicos de libros) e relacionados coa lectura. As bases completas e a lista de premios están dispoñibles vía web. Os relatos gañadores serán publicados nas páxinas das dúas entidades organizadoras e na edición en papel da revista Luzes.
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, salientou na presentación do concurso a importancia de vincular a lingua ao mundo da tecnoloxía e buscar a complicidade co idioma da xente máis nova, e apuntou que «as novas xeracións propoñen novas formas de crear e as novas tecnoloxías instauran novos modelos de expresión, novas linguaxes. O microrrelato é un xénero especialmente representativo desta nova realidade. Esixe dominio dos recursos expresivos, control da lingua na procura da máxima eficacia posible, imaxinación, selección argumental… En pouco espazo pódense dicir unha chea de cousas. As experiencias de anos anteriores foron moi brillantes».
A colaboración entre a Real Academia Galega e PuntoGal xorde precisamente para estimular o uso do idioma nestas novas formas expresivas e, asemade, divulgar a significación da marca PuntoGal na Rede.
O presidente de PuntoGal, Manuel González, salientou, na mesma liña, que a colaboración entre ambas as institucións responde á «necesidade de reforzar dentro da sociedade galega a idea de identidade e o sentimento de pertenza a unha comunidade que se expresa en lingua galega, que ten unha maneira particular de ver o mundo e que quere un futuro en común». Detallou que «mediante esta iniciativa pretendemos chegar a un alto número de persoas de todas as idades e de toda condición social. Aspiramos a que nestes concurso participen escritores e escritoras máis ou menos consagrados, máis ou menos profesionais, pero tamén nenos e nenas, mulleres e homes do común, que se atreven a crear unha pequena historia, porque senten a necesidade de expresar unha vivencia ou un problema».

Promoción dos dominios .gal

O director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, incidiu na importancia de manter un programa de colaboración dende esta organización con entidades relacionadas coa lingua e a cultura. «A Real Academia Galega, que apoiou a PuntoGal dende os seus inicios, sempre ocupará un lugar relevante”, declarou. Nos últimos meses PuntoGal colaborou tamén con iniciativas como o festival de Cans, os premios Paraugas de Márketing dixital, a WordCamp de Pontevedra ou as seleccións galegas de fútbol gaélico. “Esta é unha liña de traballo na que seguiremos profundando en 2020», indicou.
Cadrando coa convocatoria do concurso de microrrelatos da man da Real Academia Galega, o dominio lanza ademais unha promoción que posibilitará rexistrar durante o mes de febreiro un novo .gal por dous anos a un prezo máximo de 15 euros máis IVE. Os rexistradores acollidos á promoción son Don Dominio, Dinahosting, Entorno Digital, Openprovider e Blacknight.
A respecto da campaña de promoción, Darío Janeiro explicou que se trata dunha iniciativa que permite obter un .gal a un prezo “moi accesible e durante dous anos”. PuntoGal, que xa superou os 5.200 rexistros, “seguirá realizando nos vindeiros meses accións puntuais e permanentes para facilitar a adquisición de dominios tanto a particulares como a colectivos ou empresas”, concluíu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?