Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG recibe da AEPD o premio ás boas prácticas educativas para un uso seguro de Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG recibe da AEPD o premio ás boas prácticas educativas para un uso seguro de Internet

Redacción
Publicado: 28/01/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpeig_aepd.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) comezou o ano cunha máis que relevante distinción: a que lle concedeu a Axencia Española de Protección de Datos polo seu compromiso coa Internet segura, confiable, aberta, integradora e de utilidade. Estamos a falar do Premio ás Boas Prácticas Educativas en Privacidade e Protección de Datos Persoais para un Uso Seguro de Internet polos Menores que lle concedeu a AEPD á entidade galega, galardón que recolleu este martes o seu presidente, Fernando Suárez, no acto de entrega de premios que se celebrou no Senado en Madrid no propio Día Internacional da Protección de Datos (28 de xaneiro).
No seu discurso, Fernando Suárez asegurou que formar parte do grupo de gañadores é unha “honra e un privilexio que reafirma aínda máis o compromiso do CPEIG para continuar nesta senda”. Agradeceu sinceramente a distinción á AEPD e deu os seus parabéns ao resto de premiados polo seu gran labor na promoción do coñecemento, investigación e difusión do dereito fundamental á protección de datos, engadindo que “Internet representa un mundo enorme de posibilidades para o ocio, as relacións persoais e a aprendizaxe dos máis novos, pero tamén presenta unha serie de risco respecto á protección de datos persoais, a privacidade e a auto-protección, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre quen din ser”.
Ademais, o presidente destacou que a informática é “decisiva” á hora de dar forma ao xeito en que “vivimos e traballamos”, polo que se debe atopar a maneira de dotar á mocidade dos medios para dar forma a ese futuro. “É hora de educar a unha nova xeración e preparar aos líderes do mañá para ser bilingües en informática”, sinalou, ao tempo que fixo un repaso pola política de sensibilización do CPEIG a prol dun uso responsable da Internet e dunha rede segura, unha estratexia que abrangue iniciativas de divulgación cos estudantes de Primaria e Secundaria, “en alianza con institucións educativas e tecnolóxicas axeitadas para sumar forzas a favor dunha Sociedade da Información na que a mocidade sexa a protagonista e teña os instrumentos necesarios para evitar riscos e non ser vítimas”.
Estas accións do CPEIG, dixo, artéllanse en catro iniciativas principais que “contan cunha longa traxectoria”. Estas iniciativas son: Navega con Rumbo polo Ciberespazo, o Día da Protección de Datos, o Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos, e as charlas en concellos sobre Internet segura e datos persoais para menores que realiza o colexio coa rapazada.
O programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo é a actividade formativa principal e con máis traxectoria das desenvoltas polo CPEIG no ámbito da divulgación, implantada hai nove anos en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?